Sarah Trimmer
Nome completoSarah Kirby
Nacemento6 de xaneiro de 1741 e 1741
Lugar de nacementoIpswich
Falecemento15 de decembro de 1810 e 1810
Lugar de falecementoBrentford
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido
Ocupaciónescritora, escritora de literatura infantil e editora literaria
NaiSarah Kirby
FillosHenry Scott Trimmer
Na rede
WikiTree: Kirby-219 Find a Grave: 14239483 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sarah Trimmer, nada o 6 de xaneiro de 1741 e finada o 15 de decembro de 1810, foi unha escritora e crítica de literatura infantil británica.

Traxectoria

O seu xornal, The Guardian of Education, axudou a definir o xénero emerxente, facendo crítica de literatura infantil de forma oficial por vez primeira; tamén creou a primeira recensión histórica da literatura para cativos, estabelecendo un punto de referencia do xénero que os historiadores seguen a empregar na actualidade. O seu libro infantil máis popular, Fabulous Histories, inspirou varias historias infantís e seguiu entrando no prelo durante máis dun século.