Sapoconcho americano | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sapoconcho da Florida (Trachemys scripta elegans) | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
O sapoconcho americano[2] (Trachemys scripta) é unha especie de tartaruga acuática (sapoconcho) da familia Emydidae.
Vive en lameiros, brañas, encoros e outras augas doces. Aliméntase de diversos animais e plantas. É orixinaria das zonas tropicais e subtropicais das Américas, mais actualmente é coñecida como mascota no oriente de Asia, en Europa e outros lugares do mundo onde foi introducida, especialmente a subespecie da Florida Trachemys scripta elegans. Prohibiuse a introdución desta subespecie en Europa por mor a que se crearon poboacións en moitos lugares do continente pola ceiba incontrolada de exemplares que se adquiriran coma mascotas, e que provocaron danos nos ecosistemas locais.
Antigamente contábanse 15 subespecies:
Cada subespecie ten unha coloración diferente na coiraza e a testa.
Actualmente coñécense 3 subespecies
Trachemys scripta elegans: Texas, Oklahoma, Novo México, Kansas, Kentucky, Indiana, Alabama, Tennessee, Arkansas, Illinois e Missouri. É a especie de tartaruga máis coñecida no mundo. Importouse en grandes cantidades a moitos países do mundo, onde a xente ceibounas e comezan a ser unha praga. Ten a coiraza verde, que co tempo se torna marrón, con algunhas pintas amarelas. O plastrón (peiteira) é amarelo con máculas negras. A súa característica máis distintiva é unha gran mancha vermella tralas orellas. Até 28 cm.
Trachemys scripta scripta: Virxinia, Carolina do Norte, Florida, Carolina do Sur e Xeorxia. Coiraza de cor negra cunhas raias verticais sutís de cor marrón. O plastrón é amarelo, sen máculas ou cunhas poucas de cor negra. A testa é escura cunhas grandes pintas de cor amarela intensa. Até 25 cm.
Trachemys scripta troosti: Tennessee e Kentucky. Coiraza verde con algunhas pintas claras e plastrón amarelo con máculas negras. Na testa ten unha mancha amarela pálida. É probábel que sexa a evolución de híbridos entre T.s. elegans e T.s. scripta, xa que posúe caracteres de ambas as dúas especies e a súa distribución está tamén situada entre a de ambas as dúas especies. Até 21 cm.
Estas subespecies poden acadar de 20 a 30 cm de longo, aínda que non é frecuente que superen os 25 cm. Os machos son de menor tamaño mais teñen as unllas e a cola máis longas. As femias acadan un tamaño maior ca os machos, porén teñen a cola e as unllas moito máis curtas.
Por mor do seu potencial colonizador e constituíren unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi catalogada no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro,[3] estando prohibida en España, e polo tanto en Galicia, a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sapoconcho americano |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sapoconcho americano |