Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2021.)
Alessandro di Mariano di Vanni Filipepi
Suposto autorretrato que figura na súa pintura Adoración da Virxe medicea
NomeAlessandro di Mariano di Vanni Filipepi
Nacementoc. 1445
 Florencia
Falecemento1510, 17 de maio de 1510 e 16 de maio de 1510
 Florencia
Nacionalidadeitaliano
Eidopintura
MovementoRenacemento italiano
TraballosPrimavera
O nacemento de Venus
Adoración dos Magos
Na rede
Allocine: 37055
Musicbrainz: 941961a5-6ece-492d-8298-86e3211b33e3 Discogs: 1829989 WikiTree: Filipepi-1 Find a Grave: 7846100 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sandro Botticelli, nado en Florencia en 1447 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintor renacentista italiano. O seu nome real era Allessandro di Mariano Filipepi, pero chamouse Botticelli debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello. Non se coñece demasiado da vida de Botticelli debido á falta de documentación e a que resgardou a súa vida privada. Sábese que foi acollido polos Medici e por outras prominentes familias florentinas entre 1483 e 1500. Botticcelli non asinou a maior parte dos seus cadros, polo que non podemos saber a súa orde cronolóxica máis que pola vellez da tea en que foran plasmadas as súas obras.

Traxectoria

Botticelli entrou á idade de quince anos no obradoiro de Fra Filippo Lippi (1406-1469), monxe e pintor florentino, autor de celebradas pinturas de temática relixiosa. Traballou tamén cos pintores Antonio del Pollaiuolo e Andrea del Verrocchio. Con eles fixo a súa aprendizaxe da ourivaría, do gravado e do cicelado, artes que influíron na súa concepción do debuxo. Botticelli traballaba con frecuencia con artesáns, especialmente co seu irman Antonio, que era ourive, e co cal compartía o seu taller.

A partir de 1481, Botticelli foi chamado a Roma polo papa Sisto IV, para que decorase a Capela Sistina, xunto con outros grandes artistas. Porén, a rivalidade existente entre o papa e os Medici, mecenas do artista, fixo que o seu talento non fose recoñecido debidamente.

Alí realizou tres grandes frescos:

Logo volveu a Florencia, enfurecido pola inxustiza que se fixera coas súas obras, de xeito que decidiu, entón, non abandonar xamais a súa cidade natal. Moi logo reiniciou o traballo, pintando o Nacemento de Venus en 1484, unha das súas obras mestras.

A mediados da década de 1480, Botticelli, xunto con Perugino, Ghirlandaio e mais Filippino Lippi, traballou nunha importante serie de frescos para Lourenzo o Magnífico, nunha "vila" preto de Volterra. Neses anos pintaría bastantes outros frescos en igrexas florentinas.

No 1491 Botticelli formou parte dun comité para decidir sobre a fachada do Duomo de Florencia. No 1502 foi acusado de sodomía, aínda que a acusación foi retirada. No 1504 participou noutro comité, neste caso para decidir onde colocar a estatua de David de Michelangelo. O seu último traballo foi unha serie sobre a vida de san Cenobio, que lembra o uso non naturalista do pintor Fra Angelico.

Tivo como discípulo máis destacado a Filippino Lippi, fillo do seu mestre Fra Filippo Lippi.

Obras (selección)

Home coa medalla de Còsimo de Médicis
Adoración dos Magos, 1481-1482, Washington DC

n el Niño y san Juanito]] (1495) - Temple sobre táboa, 134 x 92 cm, Galería Palatina del Palacio Pitti, Florencia

Galería de imaxes

Pinturas
Debuxos

Véxase tamén

Bibliografía

Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa.