(2016) | |
Nome orixinal | (am) ሳህለወርቅ ዘውዴ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de febreiro de 1950 (74 anos) Adís Abeba (Imperio de Etiopía) |
4ª Presidente de Etiopía | |
25 de outubro de 2018 – ← Mulatu Teshome | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Etiopía |
Relixión | Igrexa Etíope Tewahedo |
Educación | Universidade de Montpellier Lycée Guebre-Mariam (en) |
Actividade | |
Ocupación | política , diplomática |
Empregador | ONU (2018–2018) Autoridade Intergovernamental para o Desenvolvimento (pt) (1993–2002) Unión Africana |
Partido político | político independente |
Sahle-Work Zewde (en amhárico: ሳህለወርቅ ዘውዴ), nada en Adís Abeba o 21 de febreiro de 1950 é a cuarta e actual presidenta de Etiopía, primeira muller que ocupa o cargo. Foi elixida presidenta por unanimidade polos membros da Asemblea Federal Parlamentaria o 25 de outubro de 2018.[1]
Sahle-Work tivo previamente unha carreira diplomática, servindo como representante especial do Secretario Xeral das Nacións Unidas António Guterres para a Unión Africana e xefa da oficina das Nacións Unidas para a Unión Africana co nivel de Vicesecretaria Xeral das Nacións Unidas.[2]
Nada en Adís Abeba,[3] Sahle-Work recibiu educación elemental e secundaria no Lycée Guebre-Mariam da súa cidade natal, tralo que estudou ciencias naturais na Universidade de Montpellier, Francia.[4][5] Fala amhárico, francés e inglés.[6]
Sahle-Work foi só a segunda muller nomeada embaxaidora na historia de Etiopía, despois de Yodit Emiru.[7][8]
Veterana do servizo exterior etíope, serviu como embaixadora no Senegal,[9] con acreditacións en Malí, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Gambia e Guinea, dende 1989 a 1993.[7] Entre 1993 e 2002, foi embaixadora en Djibuti e representante permanente na Autoridade Intergobernamental sobre Desenvolvemento (IGAD).[10][11] Máis adiante, serviu como embaixadora en Francia,[9] representante permanente na UNESCO e acreditada en Tunisia e Marrocos entre 2002 e 2006.[12]
A continuación, Sahle-Work mantivo outros altos cargos, incluíndo o de representante permanente de Etiopía para a Unión Africana e a Comisión Económica das Nacións Unidas para África (ECA) e o de director xeral para asuntos africanos no Ministerio de Asuntos Exteriores de Etiopía.[12]
Ata 2011, Sahle-Work serviu como representante especial do Secretario Xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon e como xefa da Oficina Integrada das Nacións Unidas para a Construción da Paz na República Centroafricana (BINUCA).[13]
En 2011, Ban nomeou a Sahle-Work directora xeral da oficina das Nacións Unidas en Nairobi (UNON).[14] Baixo Sahle-Work, a oficina de Nairobi converteuse nun centro máis importante da ONU para a África Central e Oriental, segundo o Africa Yearbook de 2012.[15]
En xuño de 2018, o secretario xeral António Guterres nomeou a Sahle-Work como a súa representante especial para a Unión Africana e xefa da oficina das Nacións Unidas para a Unión Africana (UNOAU) co nivel de Vicesecretaria Xeral das Nacións Unidas,[12] sendo a primeira muller que logrou o cargo.[14]
Sahle-Work foi nomeada presidenta de Etiopía o 25 de outubro de 2018, sendo a primeira muller que servía no cargo[16] e a cuarta persoa dende que a coalición da Fronte Democrática Revolucionaria do Pobo Etíope (EPRDF) chegou ao poder.[17] Substituíu a Mulatu Teshome, que dimitiu en circunstancias sen aclarar, e agárdase que Sahle-Work sirva dúas lexislaturas de seis anos.[6] No momento da súa elección, Sahle-Work era a única muller xefa de estado de África e a primeira xefa de estado de Etiopía dende a emperatriz Zewditu.[6]
A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Predecesor: Mulatu Teshome |
Presidente de Etiopía 2018 -actualidade |
Sucesor: no cargo |