Sabugueira
Igrexa San Paio de Sabugueira.
ConcelloSantiago de Compostela[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°54″ N, 8°26 W
Área16,09 km²
Poboación969 hab. (2022)
Densidade60,22 hab./km²
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

San Paio de Sabugueira é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2022 tiña 969 habitantes (460 homes e 509 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.135 habitantes.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

San Paio, o patrón de Sabugueira, naceu en Galicia no ano 912 e morreu martirizado en Córdoba o 26 de xuño do ano 925[2]. Sabugueira, designa un lugar poboado de sabugueiros, palabra de orixe latina ''sambucus''.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A parroquia atópase a uns 12 km ao leste de Santiago de Compostela. Limita ao norte con San Xulián de Carballal, ao noroeste coa parroquia de San Cristovo da Enfesta, polo oeste e suroeste coa de Santa Eulalia de Bando, pertencendo as tres parroquias a Santiago. Polo leste linda cos concellos do Pino ( San Miguel de Pereira e Santa María de Castrofeito) e polo sur con Boqueixón ( Santa María de Lamas, Santa Eulalia de Vigo, e San Pedro de Loureda ). Regada polo rego da Sionlla, rexistra a súa altitude máxima no aeroporto de Lavacolla con 360 m, mentres que o resto do territorio mantén unha media duns 300 m e 260 m a nivel do mar. A parroquia ten boas comunicacións xa que está atravesada por dúas estradas, a N-634 de San Sebastián a Santiago de Compostela e a autovía Lugo-Santiago A-54.[3]

Historia

[editar | editar a fonte]

O Curtidoiro de Lavacolla é representativo da industria da zona. Os edificios, situados á beira do río Sionlla, conservan a súa volumetría orixinal. A porta principal do recinto, con arco de pedra, está flanqueada por dous edificios, á dereita a Casa do Balcón, onde vivían os propietarios da fábrica, e detrás a Casa do Forno. Detrás, un dos almacéns da antiga curtiduría. No centro e ao fondo, o corpo principal da fábrica, moi transformado.

En 1801, o comerciante de coiro Gregorio Ambrós construíu unha pequena fábrica de curtidos en Lavacolla. En 1811 vendeuse a fábrica a un comerciante dos Ancares, Francisco Rodríguez Abella, quen decidiu investir na fábrica e ampliala, converténdoa nunha das maiores fábricas da comarca. Exportan os seus produtos a Andalucía e Madrid. O seu valor en 1849 é de 800.000 reais, o que explica a súa produtividade.

A principios do século XX, coa crise do sector, a fábrica foi pechada en 1910. Pouco despois, o local foi utilizado como explotación gandeira e almacén de fertilizantes e maquinaria agrícola.

Ao remate da Guerra Civil, o complexo serviu para albergar a uns dous mil presos políticos que conformaron O Campo de Concentración de Lavacolla[4][5]e que traballaron desde 1940 na construción e ampliación do Aeroporto de Lavacolla, inaugurado en 1935.[3]

A Sabugueira formou parte do Concello de Enfesta, xunto con San Xoán de Fecha, Santa Cristina de Fecha, Grixoa, Verdía, Busto, Nemenzo, Marantes, Barciela, Cesar, Carballal e Enfesta, ata 1962, cando se incorporou ó Concello de Santiago.[6]

O 3 de marzo de 1978 no aeroporto de Lavacolla produciuse o accidente do Españoleto.[7]

Economía

[editar | editar a fonte]

Destaca o aeroporto e os negocios relacionados con el, como o de Correos posúe na Lavacolla unha central dende o ano 1998 que recibe, clasifica e prepara para a súa distribución cartas e paquetes na que traballan unhas cento cincuenta persoas[8]. Tamén son importantes as actividades do sector servizos ligadas ao Camiño Francés que pasa pola parroquia, e que cada vez teñen máis relevancia fronte a agricultura e gandaría que hoxe xa non son a base da economía da zona. Na parroquia atópase dende o 1971 o CEIP Mestre Rodríguez Xixirei[9] para rapaces e rapazas de Infantil e Primaria.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución demográfica de San Paio de Sabugueira 1827 e 1991
Datos do primeiro dato proceden do Diccionario Miñano, e o segundo do diccionario Madoz. Os seguintes foron obtidos do libro Poboación e territorio. As pequenas parroquias galegas nos últimos cen anos, editado no 1995.
Gráfica de evolución demográfica de San Paio de Sabugueira entre 1999 e 2022
Datos segundo o nomenclátor publicado polo IGE.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Patrimonio Arqueolóxico

[editar | editar a fonte]

Arquitectura relixiosa

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]

Festas

[editar | editar a fonte]

Na parroquia celébranse festas pola Santa Lucía o primeiro domingo de maio, por San Paio o 26 de xuño[3], San Roque terceiro domingo de agosto e Nosa Señora do Carme[30], o terceiro domingo de outubro.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Sabugueira

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Sabugueira no concello de Santiago de Compostela

Albarde | Amarelle | Casais | A Castiñeira Grande | A Esquipa | A Lameira | A Lavacolla | Mourentán | Neiro | O Pontillón | A Praza | Requesende | San Paio | A Sionlla | Vilamaior | Xan Xordo

Parroquias de Santiago de Compostela

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "Pelayo (Paio) de Córdoba, Santo". Catholic.net (en castelán). Consultado o 2023-08-10. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Parroquia de Sabugueira - Parque Agrario de Santiago". www.parqueagrariodesantiago.org. 2022-07-05. Consultado o 2023-08-10. 
  4. "Lavacolla, un aeropuerto construído con mano de obra de un campo de concentración". Kaos en la red (en castelán). 2017-08-23. Consultado o 2023-08-17. 
  5. "Los Campos de Concentración de Franco". loscamposdeconcentraciondefranco.es (en castelán). Consultado o 2023-08-17. 
  6. "Parroquia de Sabugueira - Parque Agrario de Santiago". www.parqueagrariodesantiago.org. 2022-07-05. Consultado o 2023-08-10. 
  7. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2018-03-02). "El breve vuelo final del Españoleto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-08-17. 
  8. Redacción. "Premio a la excelencia para el Centro Logístico de Correos". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-08-10. 
  9. "Localización | CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2023-08-10. 
  10. Moure, Xabier. "O NOSO PATRIMONIO: MÁMOAS DE GALICIA (PROVINCIA DA CORUÑA)". O NOSO PATRIMONIO. Consultado o 2023-08-11. 
  11. Neira Pereira, Henrique (2004). San Paio de Sabugueira. 
  12. "Parroquia de Sabugueira - Parque Agrario de Santiago". www.parqueagrariodesantiago.org. 2022-07-05. Consultado o 2023-08-11. 
  13. "Lavacolla ya estaba habitada cinco mil años antes de la nueva terminal". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-09-04. 
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2023. Consultado o 11 de agosto de 2023. 
  15. García Martínez, Manuel Carlos (1971). Morfoloxía castrexa das Terras de Compostela. Compostelanum XVI.Santiago. 
  16. Acuña Castroviejo, Fernando. 1968. Yacimientos arqueológicos prerromanos del ayuntamiento de Santiago de Compostela. Tese de licenciatura.
  17. "Castro de Lavacolla". Patrimonio Galego. Consultado o 2023-08-11. 
  18. http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf
  19. "Igrexa de San Paio de Sabugueira". Patrimonio Galego. Consultado o 2023-08-10. 
  20. "Parroquia de Sabugueira - Parque Agrario de Santiago". www.parqueagrariodesantiago.org. 2022-07-05. Consultado o 2023-08-10. 
  21. http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf
  22. http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf
  23. Cruceiro incluido en el trabajo "Cruceiros do Camiño Francés e do Camiño a Fisterra" de Juan J. Burgoa. Publicado en AULAS NO CAMIÑO (DIÁLOGOS NUN CAMIÑO DA CULTURA EUROPEA), 2007, Xosé Neira López, ed., páx. 36
  24. 24,0 24,1 Burgoa Fernández, Juan J. (2006/2007/2008). DE MONDOÑEDO A COMPOSTELA. CRUCEIROS E CONSTRUCCIÓNS RELIXIOSAS DA ARTE POPULAR NO CAMIÑO DO NORTE XIII. BOLETÍN DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO. p. 102. 
  25. 25,0 25,1 "Cruceiros en Santiago de Compostela". cruceirosdegalicia.xyz. Consultado o 2023-08-10. 
  26. Laredo Verdejo. Boreal, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Vol. I. Xuntanza Editorial. p. 232-233. 
  27. "Parroquia de Sabugueira - Parque Agrario de Santiago". www.parqueagrariodesantiago.org. 2022-07-05. Consultado o 2023-08-10. 
  28. "Santiago de Compostela". Palcos da música. 2016-09-09. Consultado o 2023-08-17. 
  29. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2023. Consultado o 17 de agosto de 2023. 
  30. "Lavacolla". vivecamino.com (en castelán). Consultado o 2023-08-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]