Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.)

Sable é unha cor en heráldica que se corresponde coa cor negra.[1]

O termo sable procede da palabra alemá Zobel, utilizada para nomear á marta negra ou cibelina.

Representación

[editar | editar a fonte]

Corresponde cun negro intenso.

Cando se trata dun escudo gravado, represéntase por medio dunha trama reticular de liñas horizontais e verticais.

Significado

[editar | editar a fonte]

Este esmalte representa á prudencia, tristeza, rigor, honestidade, e obediencia, segundo diversos libros que falan do tema da heráldica.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sable.