Rubus ulmifolius

Flores da silveira
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Rosoideae
Tribo: Rubeae
Xénero: Rubus
Subxénero: Eubatus
Nome binomial
Rubus ulmifolius
Schott, in Oken, Isis, fasc. v. 821, 1818

A Rubus ulmifolius, tamén coñecida vulgarmente como silva ou silveira, é un arbusto que pertence á familia das rosáceas, de talos espiñentos pode medrar até os tres metros. Moi abondosa en Galiza, o seu froito aseméllase a unha baga pero é un conxunto de drupas unidas entre si, coñecida como amora, é comestíbel, de cor morada que se volve negra ao madurecer, o seu sabor é doce.

É unha planta invasiva que medra axiña e pode colonizar extensas zonas de bosque ou formar grandes sebes en pouco tempo.

Etimoloxía

O seu nome científico deriva do latín. O xénero ruber (rubio, vermello), pola cor dos seus froitos. O epíteto específico fai referencia á semellanza dos seu folíolos coas follas do umeiro (Ulmus minor).

O nome común en galego é silva ou silveira, aínda que este último tamén se refire ao conxunto destas plantas[1]. Cómpre ter en conta que outras especies do xénero Rubus tamén se chaman silvas en galego, especialmente Rubus fruticosus.

Descrición

Froitos (amoras).
Diversos estadios de floración e frutificación.

Ten follas imparipinnadas, compostas por 3 ou 5 folíolos peciolulados e en punta, bastante variábeis, de forma elíptica ovada ou obovada, co bordo dentado ou aserrado, de cor verde escura pola face e branco-tomentoso polo envés.

As flores, pentámeras, teñen pétalos ovalados brancos ou rosados duns 10-15 mm e os sépalos son cinsentos ou tomentoso-abrancazados. Nacen en acios, dando lugar a inflorescencias de forma oblonga ou piramidal.

O seu froito, a amora, é comestíbel e está formado por moitas pequenas drupas en acio e unidas entre si (polidrupa), de cor vermella, tornándose ao negro ao madureceren.

Citoloxía

Distribución

É unha planta moi invasiva e que medra axiña que tamén pode multiplicarse vexetativamente xerando raíces dende as súas pólas. Pode colonizar extensas zonas de bosque, monte baixo, abas ou formar grandes sebes nun tempo relativamente curto.

É frecuente en sebes e a súa distribución orixinal abrangue case toda Europa, o norte de África e o sur de Asia. Tamén foi introducida nas Américas e en Oceanía, con efectos moi negativos como maleza; por exemplo en Chile, é considerada unha especie invasora;[3] porén, a venda dos seus froitos e os seus subprodutos tamén significa unha fonte de ingresos para moitas familias, que realizan a colleita dos seus froitos.

Taxons infraespecíficos

Practicamente todos son meros sinónimos da especie, mais os seguintes son taxonomicamente aceptados[4]:

Sinónimos

Usos

A amora é considerada culinariamente coma un froito do bosque, doce e moi popular en pastalería, emprégase para a preparación de sobremesas, marmeladas e xeleas e, ás veces, viños e licores. As follas disecadas, utilizadas como infusións, teñen propiedades adstrinxentes, antisépticas urinarias e bucais e tamén diuréticas. A amora negra contén sales minerais vitaminas A, B e C. Polo seu alto contido de ferro é utilizada para previr e combater a anemia. Entre outras facultades, estudos recentes comprobaron que o elevado contido de flavonoides (taninos que tamén posúen os viños tintos) contribúe a previr o cancro e diminuír o colesterol.[5][6]

En Galiza a amora tamén se usou para tinxir a la de cor negra.

A casca dos talos utilízase como material de cestaría e para facer cordas.[7] É por exemplo material tradicional para coser as colmeas de palla ou 'skep hives' de tradición anglosaxoa que aínda se utilizan hoxe en día.[8]

Outro uso, pouco coñecido, é como substituto do tabaco.[9]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para silveira.
  2. Flora Ibérica - RJB/CSIC, Madrid
  3. Matthei, O. (1993) Manual de las malezas que crecen en Chile. Concepción, Chile. 545 pp.
  4. The Plant List
  5. "world food science". Consultado o 1º de outubro de 2009. 
  6. "las-33-frutas-y-verduras-mas-saludables". decembro 10:19:05 PDT 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2013. Consultado o 1º de outubro de 2009. 
  7. "Cestería - M.A.E.C.- museo arqueologico y etnografico de Castrocalbon". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 18 de xullo, 2013. Para cestaría empregábase a casca dos talos, de sus tallos, cubrindo atados de palla centea e tamén para a fabricación de cordas.
  8. "Skep making". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2013. Consultado o 18 de xullo, 2013. 
  9. Font Quer, Pío. Plantas Medicinales-El Dioscórides Renovado, Ed. Labor, SA, Barcelona, 1980, p.315-316

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas