Relatos salvajes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Relatos salvajes |
Director | Damián Szifron |
Produtor | Hugo Sigman Agustín Almodóvar Pedro Almodóvar Matías Mosteirín Esther García Claudio Belocopitt Gerardo Rozín |
Guión | Damián Szifrón |
Intérpretes | Ricardo Darín Óscar Martínez Leonardo Sbaraglia Érica Rivas Rita Cortese Julieta Zylberberg Darío Grandinetti |
Música | Gustavo Santaolalla |
Fotografía | Javier Juliá |
Montaxe | Damián Szifron Pablo Barbieri Carrera |
Estudio | Kramer & Sigman Films El Deseo Corner |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | Festival de Cannes: 17 de maio de 2014 21 de agosto de 2014 |
Duración | 122 minutos |
Orixe | Arxentina España[1] |
Xénero | Drama, Comedia |
Orzamento | $3 300 000[2] |
Recadación | $14 200 000[3] |
Na rede | |
http://www.relatos-salvajes.com/ e http://www.wild-tales.de | |
Relatos salvajes é un filme hispano-arxentino dirixido e escrito por Damián Szifron que se estreou no 2014. É unha antoloxía de seis curtas de comedia negra e drama que conta cun elenco coral integrado por Ricardo Darín, Oscar Martínez, Leonardo Sbaraglia, Érica Rivas, Rita Cortese, Julieta Zylberberg e Darío Grandinetti. Foi producido por Hugo Sigman a través da produtora Kramer & Sigman Films e coproducida por Agustín Almodóvar e Pedro Almodóvar. Foi seleccionada para a Palma de Ouro na sección principal de competición do Festival de Cannes de 2014, na que foi amplamente aclamada.[4][5]
O filme consta de seis episodios que alternan a intriga, a comedia e a violencia. O seus personaxes veranse empurrados cara ao pracer de perder o control, cruzando a delgada liña que separa a civilización da barbarie.