Real Audiencia de Galicia | |
---|---|
DE LA REAL AVDIENCIA DEL REYNO DE GALICIA: IMPRESSAS EN LA CIVDAD DE la Coruña Por ANTONIO FRAYZ. Año de 1679.[1] | |
Tipo | Real Audiencia, Poder executivo e Poder xudicial |
Data de fundación | 1480 |
País | Reino de Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Real Audiencia de Galicia foi o órgano de administración de xustiza e corpo de goberno do reino de Galicia. Naceu en 1480 como un tribunal especial para o sometemento e pacificación definitiva do reino e a instauración da xustiza real sometendo os señores. Era presidida polo vicerrei ou gobernador de Galicia. Xudicialmente é o antecedente do actual Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.[2]
A Real Audiencia, conforme a Provisión de 7 de outubro de 1480, estendía os seus dominios polo Bierzo e Terra de Valcarce.[3] Descoñécese até cando isto se mantivo; porén, aínda en 1521, após a Asemblea de Melide, o rei encarga ao gobernador de Galicia pór tropas no castelo de Ponferrada.[4]
Ata 1578 en que se instala definitivamente na Coruña, a Real Audiencia non tivo sede fixa, senón que se desprazaba aos lugares onde había problemas que resolver (Pontevedra, Mondoñedo etc.). A documentación xerada por este organismo constitúe o fondo fundamental do Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña).
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |