Infotaula de personaRamana Maharshi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ta) இரமண மகரிசி Editar o valor em Wikidata
30 de decembro de 1879 Editar o valor em Wikidata
Tiruchuli Assembly constituency, India (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de abril de 1950 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Sri Ramana Ashram, India (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Dominio da India (1947–1950)
Raj Británico (–1947) Editar o valor em Wikidata
RelixiónAdvaita Vedanta e Neo-Vedanta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , escritor Editar o valor em Wikidata
MovementoNeo-Vedanta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosKapali Sastry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua támil Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1025795 WikiTree: Lyer-2

Ramana Maharshi, nado como Venkataraman Iyer o 30 de decembro de 1879 e finado o 14 de abril de 1950, foi un dos mestres espirituais hinduístas máis coñecidos e respectados do século XX.

Nado no seu dunha familia Brahmin de Tamil Nadu, abandonou o fogar no que vivía co seu tío pouco despois de experimentar o que máis tarde describiría coma "a liberación" (Moksa), cando contaba dezaseis anos. Foi en tren ata Tiruvannamalai, a render culto á montaña sagrada que preside a vila, Arunachala, e que sempre considerou coma o seu mestre (Guru), e nunca máis abandonou o lugar ata a súa morte, á idade de setenta anos.

Ensinanzas

[editar | editar a fonte]

Silencio

[editar | editar a fonte]

Ramana sempre mantivo que a forma máis pura da súa ensinanza era transmitida en silencio[1], porén respondía decote ás preguntas que os diferentes visitantes lle facían referentes á natureza da realidade última.

Este método de ensinanza ten sido comparado co de Dakshinamurti: Shiva baixo a aparencia dun ascético que ensina a través do silencio.

Autoindagación

[editar | editar a fonte]

A autoindagación (self-enquiry) consiste na atención e reflexión constante no “eu” ou “eu son”.

Ramana advertía sobre o erro consistente en practicar a autoindagación como exercicio intelectual. Cando é levada á práctica de xeito correcto, a autoindagación leva a fixar a atención intensamente na sensación “eu”, sen pensar. A atención debe manterse fixa no “eu” ata que o “eu” desapareza e o Brahman sexa realizado.

Ramana Maharshi: “Onde aparece o “eu”? Busca dentro de ti, entón o “eu” desaparece. Isto é o que procura a sabedoría”.[2]

Bhakti

[editar | editar a fonte]

Mantiña o Maharshi que o xeito máis efectivo de acadar a liberación (Moksa) era a autoindagación, mais non descartaba outros métodos de aproximación ao Ser (Brahman), coma o Karma Ioga ou o Bhakti Ioga[3]: a total entrega ao Guru.

Obra

[editar | editar a fonte]

Documentais

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Talks with Sri Ramana Maharshi". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2012. Consultado o 08 de xuño de 2012. 
  2. Upadesa Undiyar, veros 19 e 20
  3. meditation and concentration.html Arquivado 17 de maio de 2014 en Wayback Machine. Sri Ramana's approval of other practices
  4. PDF dispoñible en inglés en http://www.happinessofbeing.com/guru_vachaka_kovai.html
  5. PDF dispoñible en inglés en http://www.happinessofbeing.com/path_ramana.html
  6. PDF dispoñible en inglés en http://www.happinessofbeing.com/happiness_art_being.html
  7. PDF dispoñible en inglés en http://www.sriramanamaharshi.org/downloads/talks_full.zip Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  8. PDF dispoñible en inglés en http://www.sriramanamaharshi.org/downloads/reflections.zip Arquivado 17 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
  9. PDF dispoñible en inglés en http://www.tamilnation.org/sathyam/east/ramana/maha_yoga.pdf

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]