A Quinta Avenida cara o sur dende a rúa 38.

A Quinta Avenida (en inglés Fifth Avenue ou 5th Avenue) é unha das principais arterias do centro de Manhattan, na cidade de Nova York, nos Estados Unidos. Repleta de apartamentos de luxo e de mansións históricas, a Quinta Avenida é un símbolo da bonanza económica de Nova York.

É tamén unha das zonas de compras máis exclusivas do mundo xunto a Oxford Street en Londres, os Campos Elisios en París e a Vía Montenapoleone en Milán. Durante varios anos dende os anos 90, a sección entre as rúas 49 e 57 foi catalogada como a segunda máis cara por metro cadrado de superficie de venda, só por detrás da Sloane Street de Londres.[1]

Fluxo de tráfico

A Quinta Avenida só tén tráfico nun sentido ao sur entre as rúas 135 e Washington Square Park, dende que se eliminou o tráfico nos dous sentidos o 14 de xaneiro de 1966, momento no que a Madison Avenue cambiouse a un sentido saíndo da cidade (cara ao norte).​ Só ao norte da rúa 135 admitese tráfico en ambas direccións. Entre as rúas 120 e 124, a Quinta Avenida está cortada polo Marcus Garvey Park, desviando o tráfico en dirección sur por Mount Morris Park West.

Ruta para ciclistas

Ir en bicicleta pola Quinta Avenida é moi dispar, vai entre o seguro dun carril bici ao sur da rúa 23, para contemplar o Central Park, ata o perigoso do Midtown cun tráfico moi denso nas horas punta.

Galería de imáxes

Edificios destacados

Notas

  1. "Survey Reaffirms 5th Ave. at Top of the Retail Rent Heap". The New York Times (en inglés).