Pupusa | |
Pupusas feitas en Olocuilta, La Paz, O Salvador. O xeito no que se serven é típica para pupuserías salvadoreñas. | |
Outros nomes | Popotlax |
Tipo | Tortilla |
Orixe | O Salvador |
Ingredientes | |
Orixe animal | Queixo Torresmo |
Orixe vexetal | Fariña de millo Ayote Feixón Loroco |
Relacionados | |
Similares | Arepa |
Unha pupusa (do pipil pupusawa) é a pronunciación españolizada de popotlax, unha conxugación das verbas en lingua náhuatl popotl, que significa grande, recheo, e de tlaxkalli ou tortilla.[1] É unha tortilla de millo grosa feita a man (a base dunha masa de fariña de millo empregada na cociña americana) que está rechea cun ou máis dos seguintes ingredientes: queixo, torresmo, ayote, feixóns rustridos ou queixo con loroco. Tamén está a pupusa revolta con ingredientes mesturados, como queixo, feixóns, torresmo ou touciño.
As pupusas son a comida típica máis difundida o Salvador,[2] probablemente pola tradición instituída de xeración en xeración. Malia que non se coñece de maneira certeira a súa orixe, estudos antropolóxicos sinalan que naceu en territorios centroamericanos, especialmente no occidente do Salvador.
A preparación de devandito alimento comporta diversos pasos e o uso de ingredientes variados, os cales tamén constitúen unha achega económica para os produtores. É moi semellante ás arepas venezolanas e colombianas, así como ás tortillas panameñas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pupusa |