![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Boedo Núñez ![]() 4 de xaneiro de 1929 ![]() A Silva, España ![]() |
Morte | 26 de xaneiro de 1986 ![]() A Coruña, España ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico , cantante ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Folk e música pop ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Familia![]() | |
Pai | José Boedo ![]() |
Irmáns | José Antonio Boedo Núñez ![]() |
![]() ![]() ![]() |
José Boedo Núñez, coñecido como Pucho Boedo, nado na Coruña o 4 de xaneiro de 1929 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 1986, foi un cantante e compositor galego, considerado un mito da canción galega.
Naceu na aldea da Silva en 1929,[1] fillo de José Boedo, membro da CNT asasinado en 1936. Un ano despois, o seu irmán José Antonio foi tamén fusilado. Outro irmán, Manuel, con só dezaseis anos, conseguiu fuxir. Anos despois, lograrían reencontrarse.
A finais da década de 1940 comezou a cantar Radio Juventud no Kiosco Alfonso. Gañou un concurso e foi fichado pola orquestra Los Trovadores de Alfonso Saavedra. Fíxose profesional primeiro con este grupo e despois con Los Satélites. Con eles viaxou a Venezuela, a primeira orquestra galega que cruzaba o Atlántico. Los Satélites trouxeron de América aos campos da festa a música tropical, vinte anos antes de que en Nova York se inventase a palabra salsa. Pucho, porén, ficou en Venezuela.
Pucho volveu para xuntarse de novo con Los Trovadores, quen tocaban en Madrid no inverno. Con eles gravou os primeiros discos. Fíxose popular a partir da súa incorporación a Los Tamara en 1959, chamado por Prudencio Romo. Cantou boleros, rancheiras, xotas, tangos, canción italiana e merengues. Actuou no Teatro Olympia de París, no que compartiu cartaz con Charles Aznavour e Jacques Brel. En Suíza, entre as comunidades de emigrantes, a súa voz protagonizou o renacemento da canción en galego, unha lingua prohibida polo franquismo.[2]
Musicou versos de Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro. Deixou Los Tamara en 1976 por problemas de saúde e non volvería cantar até 1982, cando comezou a súa carreira en solitario.
Faleceu na noite do 26 de xaneiro de 1986 na súa casa da Coruña, por mor dun fallo cardíaco.[3] Está enterrado no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.[4]
Paco Lodeiro produciu un documental, conxuntamente con Xurxo Souto, Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo[5] e un disco sobre a súa figura, Sempre Pucho[6].