A Arxentina está dividida en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, que acolle a capital federal. Debido á súa estrutura federal, as provincias arxentinas conservan unha ampla autonomía retendo todas as competencias non delegadas á federación. Internamente subdivídense en departamentos, chamados partidos na Provincia de Buenos Aires e comunas na Cidade Autónoma de Buenos Aires. A nivel político, cada provincia conta cun sistema de goberno republicano, democrático e réxese por unha constitución de seu.
Catorce das provincias son preexistentes ao estado nación arxentino, sendo herdeiras das demarcacións coloniais. As provincias orixinais son as seguintes, indícase entre parénteses o ano de unión:
Con posterioridade á organización nacional da República Arxentina (1853-1860), varios territorios foron incorporados logo de campañas militares sobre os territorios indíxenas do norte (Gran Chaco) e do sur (Patagonia) do país. Estes foron organizados coa denominación de "territorio nacional" e estaban baixo a autoridade dun gobernador designado polo goberno federal.[1] Estes territorios acabaron por ser convertidos en provincias entre mediados do século XX e 1990.[2] As provincias que naceron de antigos territorios nacionais son os seguintes, indícase entre parénteses o ano da provincialización:
A condición de Buenos Aires como capital da federación e da provincia provocou grandes tensións e problemas que condicionaron á construción do estado nacional arxentino.[3] Finalmente, no 1880, o Presidente da Nación Arxentina, Nicolás Avellaneda, impuxo a federalización da cidade de Buenos Aires segregándoa da provincia homónima e converténdoa nun distrito federal.[4] Dende entón, e ata 1996, a Buenos Aires funcionou como un municipio á fronte do cal estaba un intendente nomeado polo xefe do Estado da Arxentina coa aprobación do Senado federal.[5] No 1996 mudou o sistema de goberno no marco da reforma constitucional do 1994, sendo partir dese ano a Cidade Autónoma de Buenos Aires con funcións equivalentes ás provinciais.
Cidade autónoma | CPA | Pob. (2010) | Sup. (km²) | Bandeira |
---|---|---|---|---|
Buenos Aires | 2.890.151 | 203 |