Pro Tools é unha Estación de Son Dixital (Digital Audio Workstation ou DAW en inglés) da compañía Avid (anteriormente Digidesign) para a produción musical e a edición dixital de son. É amplamente usado por profesionais de produción musical, post-produción, televisión e realización de bandas sonoras de películas.

Foi un dos primeiros programas en proporcionar edición multipista con calidade de CD (16 bits e 44,1 kHz) nun ordenador persoal, polo que rapidamente se expandiu no campo da gravación de son. Orixinalmente fíxose moi popular pola súa sinxela e dinámica interface de edición de son. A súa primeira versión apareceu en 1991.

O estigma de Pro Tools era que só podía usarse cun hardware específico, e non admitía outras marcas, mais desde a versión 7, abriuse o código do software para poder ser utilizado con interfaces de son da empresa M-Audio (anteriormente Midiman), e a nova versión 9 lanzada recentemente, admite hardware de calquera marca sempre e cando manexe o driver de tipo Asio para os ordenadores de Microsoft e o driver Core Audio para os Macintosh; así mesmo, o resto de compoñentes de ambos ordenadores tamén teñen que ser compatibles. Pódese encontrar unha lista de compatibilidades técnicas na mesma páxina web de Avid.

Historia

[editar | editar a fonte]

No ano 1989 lánzase "sound tools" para plataforma Apple Macintosh, a compañía refírese a este como o primeiro estudio de gravación "tapeless" (sen fita). Só gravaba dúas pistas con calidade de CD e funcionaba nun computador Macintosh. Pero non é até que Digidesign lanza Pro-Tools III (1994) que se establece como líder absoluto e se converte no sistema máis poderoso creado até hoxe dun sistema de gravación de son a disco duro.

En 1991 aparece o primeiro sistema "multi-track", marcando un gran avance no son dixital e que rapidamente se transforma na máis popular estación de traballo para produción de TV, música e películas polo seu deseño integrado entre o software e o hardware. Este podía gravar de 16 a 42 pistas e era posible conectar de 8 a 64 canles físicas, segundo o tipo de interface. Ademais, posuía un mesturador e procesaba o son mediante aplicacións chamadas Plug-Ins, nas cales encontramos: compresores e efectos como delays, limitadores, vocoders, emuladores de sintetizadores clásicos, samplers virtuais etc.

Para que funcione correctamente Pro-Tools III, necesitábase un computador Macintosh cunha rañura chamada "NuBus", que é a que ao cabo duns anos se transformou nos portos PCI, SCSI, e agora USB e Firewire. Así Pro-Tools III, no seu sistema máis sinxelo era o Software en si e ademais a tarxeta chamada Disk I/O, a cal era insertada no computador e se conectaba á súa vez á interface de son, que era a que permitía conectar as entradas e saídas de son para poder gravar e monitorear.

Estas interfaces de son eran as 888 e 882 de Digidesign e as súas diferenzas eran basicamente os seus tipos de conectores, a primeira posuía oito entradas e saídas con conectores balanceados XLR ou Canon, mentres que a 882 posuía oito entradas e oito saídas balanceadas con conectores 1/4 plug.

Os requisitos do ordenador para que funcionase Pro-Tools III, eran: Computador Macintosh, con Interfase ou rañura Nubus ou PCI, procesador de 120 Mhz, Memoria Ram mínimo de 16 MB, Sistema Operativo 7.1 ou superior, un Monitor, e ademais era recomendable un disco duro externo.

A razón pola que Digidesign traballou só con Macintosh nos seus comezos foi porque a marca Apple sempre fabricou equipos como un todo, é dicir, para o modelo "Quadra 950" -por nomear algún- estaba todo integrado xa de fábrica: a súa tarxeta de son, o procesador, a memoria RAM, eran produtos desenvolvidos por Apple para os seus propios computadores. Ademais a grande estabilidade do seu sistema operativo con interface gráfica (GUI) desenvolvida pola mesma Apple (Mac OS), o cal non tiña tendencia a bloquearse. Desta forma non existían problemas de compatibilidade entre todos os compoñentes que conforman esta estación de traballo, debido a unha administración monolítica do deseño.

Pódese destacar a versión Pro Tools 7.4, que ofrece numerosas funcións musicais e de posprodución novas, así como melloras no fluxo de traballo para os usuarios de Pro Tools|HD®, Pro Tools LE® e Pro Tools M-PoweredTM. A novidade máis destacada é unha nova e potente función de composición e produción musical chamada Elastic Time, a cal permite por exemplo cuantificar son case como se foran datos MIDI. O software tamén mellora a compatibilidade con redes de almacenamento compartido Avid Unity ISISTM e un novo soporte para fluxos de traballo con vídeo de alta definición.

Hai que ter en conta que Pro-Tools non é só o software, senón que ademais require dunha Interface (Hardware) para conectar entradas e saídas de son e conectores MIDI entre outros. Hai xente que se instala o Software de Pro-Tools anterior á versión 9 e ve que non o dá feito funcionar, debido a que se require algún tipo de Interface da casa Avid ou Digidesign compatible con dita versión.

Cunha das últimas actualizacións (v.9), a cal contén unha gran colección de plug-ins incluídos (efectos para mesturar e masterizar, así como unha completa colección de instrumentos virtuais, incluíndo pianos, sintetizadores, caixas de ritmos, órganos electrónicos...), ademais o programa foi aberto para que se puidese traballar con tarxetas de son de calquera marca (incluso sen ter unha), dando así un gran paso para que non só os estudios profesionais e de proxectos, senón que tamén os usuarios afeccionados, poidan traballar con el.

Liña do tempo de Pro Tools

[editar | editar a fonte]

Hardware

[editar | editar a fonte]

Pro Tools HD

Pro Tools LE

Pro Tools M-Powered
Interfaces M-Audio:

Pro Tools M-Powered 8
Interfaces Mackie Onix-i:

Superficies de control

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]