O privilexio era unha norma promulgada por un rei ou pontífice mediante a que se concedía, normalmente como recompensa, o dereito a imprimir durante un determinado número de anos un certo número de edicións sobre un tema, coa prohibición aos demais impresores de imitar ou falsificar as edicións privilexiadas. O privilexio era tanto unha honra como un favor económico ao autor.
A partir do século XVIII o privilexio decae, e desaparece definitivamente no século XIX, dando lugar aos dereitos de autor das editoriais modernas.