Pierre Louis Moreau de Maupertuis
Datos persoais
Nacemento7 de xullo de 1698
LugarSaint-Jouan-des-Guérets, Saint-Malo, Francia
Falecemento27 de xullo de 1759 (61 anos)
LugarBasilea, Suíza Suíza
NacionalidadeFrancia
Actividade
CampoAstrónomo, filósofo, matemático, físico, biólogo, e naturalista
Director de teseJohann Bernoulli
Contribucións e premios
Coñecido porPrincipio de mínima acción
Influído porLeibniz, Newton, Descartes, Malebranche, Harvey, Berkeley
Influíu enEuler, Buffon, Diderot, Kant
Premiosmembro da Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Pierre-Louis Moreau de Maupertuis, nado en Saint-Jouan-des-Guérets o 7 de xullo de 1698 e finado en Basilea, Suíza o 27 de xullo de 1759 foi un filósofo, matemático e astrónomo francés.[1]

Obra

Principio de mínima acción

O principio de mínima acción establece que en todos os fenómenos naturais, unha cantidade chamada "acción" tende a ser minimizada. Maupertuis desenvolveu este principio ao longo de dúas décadas. Para el, a acción podía ser expresada matematicamente como o produto da masa do corpo implicado, a distancia percorrida e a velocidade á que viaxa.

Bioloxía

Na súa obra Vénus physique (1745) Maupertuis opúxose á teoría da preformación do embrión entón de moda, afirmando que o pai e a nai teñen unha influencia semellante na herdanza. Maupertuis trata de explicar os fenómenos xenéticos a partir dunha teoría de atracción físico-química.

Para Maupertuis, a natureza era demasiado heteroxénea como para ser creada por deseño. A súa perspectiva materialista e mecanicista (debida ao seu coñecemento das teorías newtonianas[2] e os seus coñecementos ao redor da herdanza) permitíronlle desenvolver unha teoría da vida bastante próxima ao moi posterior mutacionismo de Hugo de Vries (1848-1935). Segundo Maupertuis, as primeiras formas de vida apareceron por xeración espontánea a partir de combinacións azarosas de materias inertes, moléculas ou xermes. A partir destas primeiras formas de vida, unha serie de mutacións fortuítas procreou unha multiplicación sempre crecente de especies. Maupertuis chega mesmo a postular a eliminación dos mutantes deficientes, converténdose así nun antecedente da teoría da selección natural.[3]

Obras

Lettres

Eponimia

Notas

  1. Nos arquivos da cidade de Saint-Malo, a súa data de bautismo dáse como 28 de setembro de 1698.
  2. The Man Who Flattened the Earth. University of Chicago Press. ISBN 0-226-79360-5. 
  3. Bently Glass: Maupertuis, pioneer of genetics and evolution, in Glass, B., Temkin O. & Straus W.L.Jr 1959.
  4. Gazetteer of Planetary Nomenclature
  5. Web de jpl. "(3281) Maupertuis".