Infotaula de personaPeter Simon Pallas

Peter Simon Pallas, por Tardier
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1741
Berlín Editar o valor em Wikidata
Morte8 de setembro de 1811
Berlín
Lugar de sepulturaBerlín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBerlín
San Petersburgo
A Haia
Simferópol Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadealemán
EducaciónUniversidade de Halle
Universidade de Gotinga
Universidade de Leiden
Director de teseSimon Pallas (pt) Traducir e Johann Gottlieb Gleditsch Editar o valor em Wikidata
Coñecido pormeteoritos palasitos
Actividade
Campo de traballoZooloxía
Botánica
Ocupaciónexplorador , xeógrafo , aracnólogo , entomólogo , botánico , ornitólogo , biólogo , zoólogo , médico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRusia
Academia das Ciencias de San Petersburgo
Academia de Ciencias de Rusia Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresSimon Pallas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosVasily Zuyev (pt) Traducir e Nikita Petrovitch Sokolov (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Simon Pallas
LinguaLingua latina e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoVasily Zuyev (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaPall. Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaPallas Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAlbertine von Wimpffen (Pallas) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiSimon Pallas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Peter Simon Pallas, nado en Berlín o 22 de setembro de 1741 e finado o 8 de setembro de 1811 na mesma cidade, foi un médico, zoólogo e botánico alemán, célebre polos seus traballos realizados en Rusia.

Traxectoria

Fillo de Simon Pallas, profesor de cirurxía, fixo os seus primeiros estudos con titores privados, interesándose desde moi novo pola historia natural. Posteriormente asistiu á Universidade de Halle e á Universidade de Gotinga. En 1760 trasladouse á Universidade de Leiden onde obtivo o grao de doutor aos 19 anos.

Nos anos seguintes viaxou aos Países Baixos e a Londres, mellorando os seus coñecementos médicos e cirúrxicos. En Londres coñece a Thomas Pennant, con quen mantería unha abundante correspondencia. De feito, foi Pallas quen proporcionou o material que permitiu a Pennant escribir a súa Artic Zoology. A súa notoriedade foi tal que con tan só 23 anos xa pertencía á Royal Society de Londres.

Posteriormente estableceuse na Haia. Alí propuxo un novo sistema de clasificación animal, que foi alabado por Georges Cuvier. En 1766 escribiu Miscellania Zoologica, que incluía a descrición de numerosos vertebrados novos para a ciencia e que descubrira nas coleccións do museo desta cidade holandesa. Planeou unha viaxe ao sur de África a ás Indias Orientais pero tivo que suspendelo a causa de que seu pai o chamou a Berlín. Alí empezou a traballar na súa Spicilegia Zoologica (1767-80).

En 1767 Pallas foi convidado por Catarina II de Rusia á Academia das Ciencias de San Petersburgo como profesor e, entre 1769 e 1774, dirixiu unha expedición a Siberia, onde recolleu numerosos espécimes. A expedición explorou o curso alto do río Amur, o mar Caspio así como os montes Urais e o macizo de Altai, alcanzando até o lago Baikal.

En 1772 Pallas decatouse de que se descubrira unha gran peza de metal de 700 kg cerca da cidade de Krasnoyarsk. Pallas dispuxo o seu transporte a San Petersburgo. A análise posterior do metal mostrou que se trataba dun novo tipo de meteorito de ferro. Este novo tipo de meteoritos coñécese desde entón como palasitos, mentres que o meteorito en concreto denomínase Krasnoyarsk ou, ás veces, ferro de Pallas.

Entre 1778 e 1779 publicou Novae sepcies quadrupedum, e glirium ordine... onde describiu novas especies de vertebrados de Siberia.

Estableceu amizade coa tsarina Catarina II de Rusia, seguramente pola súa común orixe xermánica. A emperatriz ordenou que Pallas tivera acceso a todas as plantas recollidas por outros naturalistas, o que permitiu a Pallas publicar a súa Flora Rossica (1784-1788).

A súa máis grande obra, Zoographia Rosso-Asiatica, que apareceu en catro volumes, o último despois da súa morte baixo a dirección de Wilhelm Gottlieb Tilesius von Tilenau (1769-1857).

Casa de Pallas en Simferópol.
Tumba de Peter Simon Pallas.

Entre 1793 e 1794 dirixiu unha segunda expedición ao sur de Rusia, visitando Crimea e o mar Negro. Nesta expedición estivo acompañado pola súa filla (que tivero coa súa primeira esposa, falecida en 1782) e pola súa nova esposa, artistas, serventes e unha escolta militar. En febreiro de 1793 viaxaron a Saratov e despois, río abaixo, a Volgogrado. Pasaron a primavera explorando o país cara ao leste e en agosto viaxou ao longo da beira do mar Caspio e polas montañas do Cáucaso. En setembro viaxaron a Crimea, pasando o inverno en Simferópol. Pallas pasou a primavera de 1794 explorando cra o sueste e, en xullo, viaxou polo val do Dniéper. Ao chegar de regreso a San Petersburgo en setembro, Pallas deu conta da viaxe no seu P. S. Pallas Bemerkungen auf einer Reise en die Südlichen Statthalterschaften des Russischen Reichs (1799-1801). Catarina II deulle unha gran leira en Simferópol, onde Pallas viviu até a morte da súa segunda esposa en 1810.

Despois o tsar Alexandre I concedeulle permiso para saír de Rusia e volveu a Berlín, onde morreu ao ano seguinte. A súa tumba está no Friedhof I der Jerusalems- und Neuen Kirchengemeinde und Neuen Kirchengemeinde (Cemiterio nº 1 das congregacións da Igrexa de Xerusalén e a nova Igrexa) en Kreuzberg (Berlín).

Pallas realizou unha síntese entre Linneo e Buffon. Utilizou o sistema binomial, pero admitía que as especies non son estábeis de forma definitiva, senón que podían evolucionar a súa aparencia de forma notábel a causa de factores climáticos.

Publicacións

O rato Sicista betulina. Ilustración de Novae species quadrupedum.
Cyanopica cyana identificada como Corvus cyanus por Pallas. (Debuxo de Geissler en Zoographia rosso-asiatica).
Lámina do Rinoceronte laúdo en Mémoires de l'Académie des sciences de Saint-Pétersbourg.
Portada do libro Travels through the southern provinces of the Russian empire, performed in the years 1793 and 1794.

Legado

Honores

En Berlín hai unha rúa na súa honra, a Pallas Straße.

Epónimos

Abreviaturas

A abreviatura Pall. emprégase para indicar a Peter Simon Pallas como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

A abreviatura Pallas emprégaaw para indicar a Peter Simon Pallas como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

  1. Monatsb. Akad. Berl. 1853 498 (reimpr. 5) (IK)

Véxase tamén

Bibliografía