Peter Dennis Mitchell
non dispoñemos de imaxe
Datos persoais
Nacemento29 de setembro de 1920
LugarMitcham Reino Unido Reino Unido
Falecemento10 de abril de 1992
LugarBodmin Reino Unido Reino Unido
ResidenciaReino Unido Reino Unido
Nacionalidadeinglés
Cónxuxe
  • Actividade
    Campo
  • Bioquímica
  • Alma máter
  • Jesus College, Cambridge
  • Universidade de Cambridge
  • Universidade de Edimburgo
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • descubrimento do mecanismo da sintesis do ATP
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1978)
  • medalla Copley (1981)
  • editar datos en Wikidata ]

    Peter Dennis Mitchell, nado o 29 de setembro de 1920 en Mitcham, (Inglaterra) e finado o 10 de abril de 1992 en Bodmin, foi un bioquímico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1978.

    Biografía

    Os seus pais foron Christopher Gibbs Mitchell, un empregado civil, e Kate Beatrice Dorothy Taplin. Estudou na Universidade de Cambridge, onde se licenciou en Ciencias naturais, e posteriormente doutorouse en bioquímica en 1951. En 1943 aceptou traballar no Departamento de Bioquímica desta universidade, renunciando en 1955. En 1961 aceptou a petición de Michael Swann para converterse en director do Departamento de Bioloxía da Facultade de Zooloxía da Universidade de Edimburgo.

    A partir do ano 1964 foi director do Laboratorio de Investigacións de Glynn, poboación situada en Cornualla.

    Investigacións científicas

    Fosforilación oxidativa.

    Interesado inicialmente na penicilina, a partir de 1961 traballou no estudo sobre a almacenaxe da enerxía nos seres vivos para ser posteriormente transportada aos puntos de utilización por medio das moléculas de adenosín trifostato (ATP). Grazas a esas investigacións, comprobou como a ruptura do enlace nun dos grupos de ATP provoca a aparición do ADP ou adenosín difostato, que libera unha enerxía inmediatamente dispoñible. Grazas á enerxía fornecida pola respiración humana, o ADP consegue converterse novamente ATP, proceso denominado fosforilación oxidativa.

    En 1978 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre o intercambio de enerxía biolóxica mediante a teoría da química osmótica. En 1981 foi condecorado coa medalla Copley.

    Véxase tamén

    Ligazóns externas

    Predecesor:
    Ilya Prigogine
    Premio Nobel de Química

    1978
    Sucesor:
    Herbert C. Brown
    e
    Georg Wittig