(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1958 (65 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | San Francisco Art Institute (en) Fairhaven College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | música , cantautora , cantante , compositora |
Período de actividade | 1977 - |
Xénero artístico | Punk rock |
Instrumento | Voz |
Penelope Houston, nada nos Ánxeles (California) o 17 de decembro de 1958, é unha cantante e compositora estadounidense, coñecida por ser a vocalista da banda de San Francisco de punk rock the Avengers.
Criouse en Seattle. En 1977 comezou a estudar no San Francisco Art Institute, e ao pouco comezou co proxecto musical. A banda deixou de tocar en 1979, se ben en 1983 lanzaron un disco.
Tras a separación do grupo, en 1979 foi aos Ánxeles a traballar no mundo do cinema e o vídeo con The Screamers e o director Rene Daalder. Despois foi a Inglaterra, onde colaborou con Howard Devoto nos seus proxectos post-Magazine. A mediados da década de 1980 regresou a San Francisco e axudou a desenvolver o movemento neo-folk West Coast. In 1986 apareceu canda a Tomata du Plenty de The Screamers no musical punk rock Population: 1.
Desde 1988 sacou varios discos, cun son característico escuro e acústico, influenciado polo punk, folk, rock, blues e Americana. En 2004, tras o lanzamento de The Pale Green Girl, Houston e o guitarrista Greg Ingraham recuperaron the Avengers, co baixista Joel Reader (de The Mr. T Experience e The Plus Ones) e o batería Luis Illades (de Pansy Division, tamén en The Plus Ones).