Peace, Love, Death Metal | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Eagles of Death Metal | ||||
Gravación | 2003 | |||
Duración | 44:40 | |||
Xénero(s) | garage rock | |||
Selo(s) | AntAcidAudio | |||
Producido por | Josh Homme | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Peace, Love, Death Metal é o álbum de estrea da banda estadounidense de garage rock Eagles of Death Metal, editado a través do selo AntAcidAudio o día 23 de marzo do 2004.
Todos os temas foron compostos por Jesse Hughes e Josh Homme, agás onde se indique.
Nas edicións británica e europea hai dúas cancións extra: "Miss Sanders" e "Just Nineteen". Unha versión re-gravada da última aparece no seguinte traballo da banda, Death By Sexy. A edición europea tamén contén o vídeo de "Midnight Creeper". O grupo tamén filmou vídeos para "I Only Want You" e "Speaking in Tongues". A melodía de "Kiss the Devil" está baseada na canción de folk tradicional "Sugar Baby".