Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Paloma Cecilia San Basilio Martínez 22 de novembro de 1950 (73 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante , actriz , compositora de cancións |
Período de actividade | 1970 - |
Xénero artístico | Música pop |
Lingua | Lingua castelá |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Capitol Records |
Participou en | |
1985 | Festival Eurovisão da Canção 1985 (pt) |
Premios | |
Páxina web | web.archive.org… |
Paloma San Basilio, nada en Madrid o 22 de novembro de 1950, é unha cantante e actriz española.
Trátase dunha das intérpretes máis populares e prestixiosas no ámbito da canción melódica en castelán. A potencia vocal de Paloma San Basilio, e a súa precisión e nitidez no fraseo son as súas características máis destacables.
Paloma San Basilio nace en Madrid, vive a súa infancia en Sevilla e a súa adolescencia en Lugo. Estudou na Universidade Complutense de Madrid uns anos de Filosofía e Letras e Psicoloxía antes de dar comezo á súa carreira artística en 1975, grazas a ser elixida como presentadora dun programa de televisión que se chamaba Siempre en domingo. Ese mesmo ano, grava o seu primeiro disco, Sombras, con ampla repercusión internacional. O seu seguinte traballo, Donde Vas (1977), acentúa os temas máis sentimentais e consolida a súa fama en Hispanoamérica.
En 1985, participa no Festival de Eurovisión cantando a canción La fiesta terminó, que dá por título ao novo álbum composto e producido por Juan Carlos Calderón. No festival rematou no posto 14º. Dentro da serie La comedia musical española de Televisión Española protagoniza Las Leandras e La cenicienta del Palace e co-protagoniza unha terceira, El sobre verde, onde canta De una monedita de oro. As tres revistas saen en discos ao mercado.
Predecesor: "Lady, lady" Bravo |
EuroEspaña.svg 1985 |
Sucesor: "Valentino" Cadillac |