Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.)
Os restos disecados de Dolly están exhibidos no Museo Real de Escocia.

A ovella Dolly, nada o 5 de xullo de 1996 e finada o 14 de febreiro de 2003, foi o primeiro mamífero clonado a partir dunha célula adulta. Os seus creadores foron os científicos do Instituto Roslin de Edimburgo (Escocia), Ian Wilmut e Keith Campbell.

Vida de Dolly

[editar | editar a fonte]

O seu nacemento non foi anunciado até sete meses despois, o 23 de febreiro de 1997.

Dolly foi o resultado dunha transferencia nuclear dende unha célula doante diferenciada a un óvulo non fecundado e anucleado, implantado despois nunha femia portadora. A célula da que viña Dolly era unha célula xa diferenciada ou especializada, procedente dun tecido concreto, a glándula mamaria, dun animal adulto (unha ovella Fin Dorset de seis anos), o cal supuña unha novidade. Até ese momento críase que só se podían obter clons dunha célula embrionaria, é dicir, non especializada. Cinco meses despois naceu Dolly, que foi o único cordeiro resultante de 277 fusións de óvulos conformados con núcleos de células mamarias.

A modo de curiosidade, salientar que a irmá de Dolly, Monka, non puido ser clonada.