Arroces (xénero Oryza) | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
arroz asiático | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Oryza (os arroces) é un xénero de 7 a 20 especies de Poaceae na tribo Oryzeae, dentro da subfamilia Bambusoideae.[1] É nativa de rexións tropical e subtropicais de Asia e de África. Son pastos altos de zonas húmidas, entre 1 e 2 m de altura; con especies anuais e perennes.
Oryza atópase dentro da tribo Oryzeae, caracterizándose morfoloxicamente polas súas espículas con flores solitarias, e glumas maiormente completamente ausentes. En Oryza, hai dúas lemmas estériles simulando glumas. A tribo Oryzeae dentro da subfamilia Bambusoideae, grupo de tribos de gramíneas Poaceae con certas características de anatomía interna foliar en común; onde o máis distintivo do carácter foliar desta subfamilia son as súas células en póla e as fusoides. As Bambusoideae na familia Poaceae, teñen sistemas radiculares fibrosos, de talos cilíndricos, con láminas envaiñadas en paralelo, e inflorescencias con espículas.[2]
Mentres a listaxe da USDA (Departamento de Agricultura dos Estados Unidos) só pon sete especies, outros teñen identificado máis de 17: sativa, barthii, glaberrima, meridionalis, nivara, rufipogon, punctata, latifolia, alta, grandiglumis, eichingeri, officinalis, rhisomatis, minuta, australiensis, granulata, meyeriana, brachyantha. Unha especie, o arroz común (O. sativa), fornece o 20 % de gran de cereais do mundo, sendo a cultura de colleita de maior importancia mundial. As especies mencionadas enriba divídense en dous subgrupos dentro do xénero.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oryza |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Oryza |