Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 380 Tebas |
Morte | c. 425 (44/45 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | historiador , filósofo |
Período de tempo | Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: 412 (Gregoriano) ) |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Olimpiodoro de Tebas, nado en Tebas, Exipto, c. 378 e finado despois de 425, foi un historiador, filósofo e diplomático do século V.
Naceu na cidade exipcia de Tebas no ano 378 e faleceu despois do ano 425, serviu como embaixador ante os hunos nos anos 412 e 413,[1] o que o converte nunha das principais fontes de información sobre este pobo.
É escritor dunha Historia en 22 libros[2] que abarca o transcurso dos anos 407 a 425,[3] sendo crucial para coñecer algúns acontecementos, como a invasión bárbara caníbal[4] das provincias hispanas no outono do ano 409, as rendas dos senadores romanos nos seus días[5] ou o asasinato do rei visigodo Ataúlfo en 415.[6] Con esta obra procurou dar o seu apoio a Estilicón no seu intento de reunificar o Imperio. O seu traballo perdeuse, pero é coñecido grazas a uns 40 fragmentos da biblioteca do escritor bizantino Focio e serviu como fonte da doutros autores como Zósimo[7] ou Sozomeno.
Está incluído na corrente filosófica denominada peripatética, seguidora polo tanto, das ideas de Aristóteles e aínda que era un pagán convencido, dedicou a súa obra ao emperador Teodosio II.
Historiadores bizantinos | |
---|---|
Século V |
|
Século VI |
|
Século VII |
|
Século VIII |
|
Século IX |
|
Século X |
|
Século XI |
|
Século XII |
|
Século XIII |
|
Século XIV |
|
Século XV |
|