Ofeq foi unha serie de satélites artificiais para demostracións tecnolóxicas e de recoñecemento de Israel.[1]
Os satélites Ofeq son satélites de demostración tecnolóxica e de recoñecemento de Israel. Os dous primeiros foron os primeiros satéites enviados ao espazo por Israel como satélites de proba. As seguintes unidades adicáronse a recoñecemento óptico e electrónico.[1]
Ofeq 1, denominado orixinalmente Oz 1, foi lanzado o 19 de setembro de 1988 desde a base Palmachim da Forza Aérea en Israel e converteu ao país na oitava nación en lograr poñer un satélite en órbita polos seus propios medios. O satélite estabilizábase mediante xiro e tiña forma de prisma octogonal irregular alimentado por células solares que recubrían a súa superficie. Debido a restriccións xeográficas o satélite foi enviado a unha órbita retrógrada. Reentrou na atmosfera terrestre o 14 de xaneiro de 1989. Ofeq 2 era similar a Ofeq 1 e foi lanzado o 3 de abril de 1990, reentrando na atmosfera o 9 de xullo de 1990. Ambos satélites tiñan unha masa de cerca de 160 kg e foron lanzados con foguetes nativos Shavit.[2]
Ofeq 3 e 4 formaron a primeira xeración de satélites espía israelís. Foron lanzados respectivamente o 5 de abril de 1995 e o 23 de xaneiro de 1998, con este último non chegando a órbita por problemas no seu foguete. Foron deseñados para obter información dos países veciños de Israel e ao igual que Ofeq 1 e 2 foron lanzados a órbitas retrógradas. A súa masa rondaba os 190 kg.[3]
Ofeq 5, 6, 7 e 9 formaron a segunda xeración de satélites espía de Israel. Eran versións melloradas dos Ofeq 3 e 4 e tamén estaban adicados a recompilar información da contorna de Israel. Foron lanzados entre 2002 e 2010, con Ofeq 6 non chegando a órbita por problemas co seu lanzador Shavit.[4]
Ofeq 8 e 10, tamén denominados TECSAR 1 e TECSAR 2, foron os primeiros satélites de recoñecemento israelís en usar radar de apertura sintética. Ofeq 8 foi lanzado o 21 de xaneiro de 2008 a bordo dun foguete indio PSLV-CA e Ofeq 9 foi enviado ao espazo o 9 de abril de 2014 a bordo dun Shavit 2.[5]
Ofeq 11 e 16 son unha serie mellorada de satélites de recoñecemento óptico israelís baseados no bus OPSAT-3000, derivado dos satélites TECSAR (Ofeq 8 e 10). Ofeq 11 foi posto en órbita o 13 de setembro de 2016 mentres que Ofeq 16 o foi o 6 de xullo de 2020. Ambos usaron foguetes Shavit 2.[6]
Misión[1][2][3][4][5][6] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] | Notas[1][2][3][4][5][6] |
---|---|---|---|
Ofeq 1 | 19 de setembro de 1988 | Shavit | Éxito |
Ofeq 2 | 3 de abril de 1990 | Shavit | Éxito |
Ofeq 3 | 5 de abril de 1995 | Shavit | Éxito |
Ofeq 4 | 23 de xaneiro de 1998 | Shavit | Fallo |
Ofeq 5 | 28 de maio de 2002 | Shavit 1 | Éxito |
Ofeq 6 | 6 de setembro de 2004 | Shavit 1 | Fallo |
Ofeq 7 | 10 de xuño de 2007 | Shavit 2 | Éxito |
Ofeq 8 | 21 de xaneiro de 2008 | PSLV-CA | Éxito |
Ofeq 9 | 22 de xuño de 2010 | Shavit 2 | Éxito |
Ofeq 10 | 9 de abril de 2014 | Shavit 2 | Éxito |
Ofeq 11 | 13 de setembro de 2016 | Shavit 2 | Éxito |
Ofeq 16 | 6 de xullo de 2020 | Shavit 2 | Éxito |