O Temple | |
---|---|
Casas de Bailly, no Graxal. | |
Concello | Cambre[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°18′56″N 8°21′21″O / 43.31562561, -8.35573323Coordenadas: 43°18′56″N 8°21′21″O / 43.31562561, -8.35573323 |
Poboación | 9.177 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María do Temple é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 9.177 habitantes (4.474 homes e 4.703 mulleres). A parroquia ten 7 lugares.
O Temple é a única parroquia costeira do concello, sitúase fronte á ría do Burgo onde desemboca o río Mero. A marxe dereita do río pertence a Cambre, ata esta parroquia, e a esquerda a Culleredo ata Almeiras.
O Temple é un topónimo latino ligado á orde dos templarios que se estableceron neste lugar.[2]
Nesta parroquia sitúase o galardoado IES Afonso X O Sabio.[3][4][5]
Lugares da parroquia do Temple no concello de Cambre (A Coruña) | |
---|---|
A Barcala | A Costa da Tapia | O Estanque | O Graxal | Rúa dos Muíños | A Tapia | O Temple |