Un numeral partitivo indica a división dun todo, por exemplo, medio pan.
Un numeral pode ser cardinal, ordinal, múltiplo e partitivo. Un partitivo indica división dun todo en partes iguais: medio, terzo, cuarto etc.
Os numerais partitivos posúen risco de xénero e número:
Os demais fanse coa terminación -avo, por exemplo, a vinte e tresava parte da cidade.
Metade non é un partitivo senón un substantivo.
Medio tamén pode significar o espazo no que se desenvolve un feito (por exemplo, A cidade é un medio hostil para os animais.) ou o recurso para conseguir un fin (por exemplo, O libro segue a ser un medio didáctico esencial.).
Non se confunda "onceavo/a", "doceavo/a" e demais partitivos terminados en -avo con "undécimo/a", "duodécimo/a" etc. que son ordinais. É inapropiado utilizar *onceavo xogador para referirnos ao xogador número once dun equipo, que sería o undécimo xogador ou o décimo primeiro xogador.
Os partitivos poden ter función pronominal (cando suplen a un nome) ou adxectiva (cando o acompañan). Exemplos:
Xa que che sobra pan, dáme medio.
Merquei media fogaza.
Cando ten función adxectiva, algúns autores denomínano determinante.
Os partitivos úsanse para designar o denominador do que chamamos quebrado ou fracción en Matemáticas, é dicir, o número que se coloca abaixo en ¾ (tres cuartos) ou ½ (un medio). As fraccións tamén poden ter función pronominal ou adxectiva. Neste último caso, concordan co nome que acompañan, por exemplo, tres cuartas partes do camiño.
Documentos de referencia da Real Academia Galega: