Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1926 Santalla de Bóveda de Mera, España |
Morte | 22 de xullo de 2017 (91 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , filólogo |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Nicandro Ares Vázquez, nado o 7 de xuño de 1926 en Santalla de Bóveda de Mera e finado en Lugo o 22 de xullo de 2017, foi un sacerdote e filólogo galego.[1]
Ordenouse sacerdote en 1951.[2] Cursou estudos de teoloxía e filosofía, cun grande interese polas linguas clásicas. Foi cura de San Cristovo da Cervela e axiña se incorporou como profesor no Seminario de Lugo desde 1955 durante 42 anos impartindo Teoloxía e outras materias. A partir de 1964 comeza a publicar artigos referidos a temas históricos e onomásticos, tarefa na que destacou coa publicación de múltiples estudos dedicados á toponimia da diocese de Lugo.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde abril de 2006[3], institución que publicou en 2013 dous volumes co título de Estudos de toponimia galega que recompilan un total de 178 artigos publicados por el entre 1964 e 2011.[4]
A outra súa gran paixón, á que dedicou tempo e estudos, foi o monumento de Santalla de Bóveda, o seu lugar natal.
Boa parte dos seus estudos foron publicados na revista Lucensia do bispado de Lugo. Tamén no xornal El Progreso, na revista Grial etc.
En 2020 publicouse un libro homenaxe co título Don Nicandro Ares. Bo e sabio, coordinado por Javier Diéguez Diéguez.[5] Nel colaboran: