Nebulosa do Cangrexo | |
---|---|
Nebulosa do Cangrexo | |
Datos para a observación | |
Época= X2000.0 | |
Tipo de obxecto | Resto de supernova |
Ascensión recta | 5h 34m 31,97s[1] |
Declinación | +22° 00′ 52,1″[1] |
Distancia | 6.300 anos luz (1.930 pc[2]) |
Magnitude aparente | +8,4[3] |
Constelación | Taurus |
Características físicas | |
Radio | 3 anos luz |
Magnitude absoluta | -3,2[3] |
Outras designacións | M1,[1] NGC 1952[1] |
A nebulosa do Cangrexo (tamén coñecida como M1, NGC 1952, Taurus A e Taurus X-1) é un resto de supernova resultante da explosión dunha supernova en 1054 (SN 1054), recollida por astrónomos chineses e xaponeses.[4] Os datos, recollidos no 1921 por Carlo Otto Lampland permitironlle a identificación da nevbulosa como restos da supernova.[5] Situada a unha distancia de aproximadamente 6300 anos luz (1930 pc[2]) da Terra, na constelación de Taurus, a nebulosa ten un diámetro de seis anos luz (1,84 pc) e a súa velocidade de expansión é de 1500 km/s.
O centro da nebulosa contén un púlsar, denominado PSR0531+121, que xira sobre el mesmo a trinta revolucións por segundo, emitindo tamén pulsos de radiación que van dende os raios gamma nas ondas de radio. O descubrimento da nebulosa foi a primeira evidencia que indica que as explosións de supernova producen púlsares.
No hemisferio sur tamén hai unha Nebulosa do Cangrexo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nebulosa do Cangrexo |