Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Наталья Сергеевна Гончарова 21 de xuño de 1881 (Xuliano) Nagaevo-Karbonier, Rusia (en) |
Morte | 17 de outubro de 1962 (81 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cimetière parisien d'Ivry (en) |
Datos persoais | |
Residencia | París (1915–1962) Tula (1881–) Moscova |
País de nacionalidade | Francia (1938–) Imperio Ruso |
Educación | Escola de Pintura, Escultura e Arquitetura de Moscovo (pt) |
Actividade | |
Ocupación | pintora , debuxante , deseñador de moda , escritora , ilustradora , escenógrafa , diseñador de vestuario , artista |
Período de actividade | 1901 - 1962 |
Membro de | |
Xénero artístico | Raionismo (pt) |
Movemento | Raionismo (pt) e Futurismo |
Lingua | Lingua francesa |
Representante | Artists Rights Society e Société des auteurs dans les arts graphiques et plastiques (en) |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Familia | House of Goncharov (en) |
Cónxuxe | Mikhail Larionov (1955–) |
Pai | Sergej Miĥajloviĉ Gonĉarov (pt) |
Natalia Sergeevna Goncharova (en ruso: Ната́лья Серге́евна Гончаро́ва), nada en Nagaevo (gobernación de Tula) o 21 de xuño de 1881 e finada París o 17 de outubro de 1962 foi unha artista de vangarda rusa, pintora, deseñadora de vestiario, escritora, ilutstrado e deseñadora de escenarios. Foi parella do artista Mikhail Larionov e membro fundadora de Valet de Diamantes (190-1911), primeiro gurpo de exposición radical independente de Moscova, e do máis radical Rabo de Asno (1912–1913). Con Larionov inventou raionismo (1912-1914). Tamén foi membro do movemento artístico con base en Alemaña Der Blaue Reiter. Mudouse a París en 1921 e viviu alí ata a súa morte.
A súa pintura influíu na vangarda rusa. As súas exposicións tiveron lugar en Moscova e San Petersburgo (1913 e 1914), e na primeira foi promovida como "nova" artista por unha galería independente. Cando chegou o período prerrevolucionario a Rusia, onde a pintura e o debuxo de iconas eran unha profesión segura, a súa achega moderna representación das iconas eran transgresoras e problemáticas. A súa obra adoita ser considerada demasiado específica culturalmente da súa herdanza eslava para ser considerada universalmente como de vangarda.[1][2]
A obra de Goncharova atópase en numerosas institucións públicas:
O 18 de xuño de 2007, a pintura de Gonchareva Recollendo mazás (1909) foi vendida nunha poxa en Christie's por 9,8 millóns de dólares, establecendo un récord para unha muller artista nese tempo.[9] Está considerada unha das mulleres artistas máis valiosas nunha poxa.[10]
O 3 de xullo de 2017, Google celebrou o 136.º aniversario do seu nacemento cun Google Doodle.[11]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Natalia Goncharova |