Najwa Nimri Urrutikoetxea, nada en Pamplona o 14 de febreiro de 1972, é unha cantautora e actriz navarra.
Filla de xordano e vasca, o seu nome significa éxtase en árabe, a lingua de seu pai.
De pequena trasladouse a Bilbao e vive actualmente en Madrid. Deuse a coñecer como actriz grazas ao seu papel en Salto ao baleiro, a primeira película do cineasta vasco Daniel Calparsoro. En canto á súa carreira musical, antes da súa primeira incursión na pantalla, Najwa Nimri cantaba á fronte de Respect (música soul) e de Clan Club (jazz) e máis tarde formou xunto a Carlos Jean o grupo Najwajean, este grupo desfíxose e xa sacou tres discos en solitario.
Estivo casada co director de cine, Daniel Calparsoro, xunto co cal protagonizou algunhas das súas películas.
Ano | Serie | Personaxe | Canle ou plataforma | Episodios |
---|---|---|---|---|
2015 – 2019 | Vis a vis | Zulema Zahir | Antena 3 (2015–2016) FOX España (2018–2019) |
40 episodios |
2019 – presente | La casa de papel | Alicia Sierra/París | Netflix | 16 episodios |
2020 | Vis a vis: El oasis | Zulema Zahir | FOX España | 8 episodios |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Najwa Nimri |