Mopane
Colophospermum mopane

Vista da árbore
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Caesalpinioideae
Tribo: Detarieae
Xénero: Colophospermum
Especie: C. mopane
Nome binomial
Colophospermum mopane
(Kirk ex Benth.) J.Léonard
Área de distribución de C. mopane
Área de distribución de C. mopane

Sinonimia
Véxase o texto
Follas de mopane
Un elefante ábrese paso nun bosque de mopanes no Parque nacional Etosha
Rama de mopane con verme do mopane (Gonimbrasia belina)

O mopane, Colophospermum mopane, é unha árbore da orde das fabales, familia das fabáceas, subfamilia das cesalpinioideas e tribo das detarieas, a única comprendida no xénero Colophospermum.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Colophospermum mopane foi descrita en 1866 por (Kirk ex Benth.) J.Léonard,[1] nun traballo publicado en Transactions of the Linnean Society of London 25: 316.[2]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

Características

[editar | editar a fonte]

As follas do mopane distínguense facilmente porque son compostas, teñen dous folíolos que toman entre ambos os dous a forma das ás dunha bolboreta. Onde se xuntan os dous folíolos advírtese o remanente dun terceiro. É unha árbore caducifolia (as follas caen en primavera e brotan en outubro, antes da estación das chuvias), ou semicaducifolio (as follas caen cando brotan as novas). Entre decembro e abril brotan as flores, pequenas e amarelas, a penas visíbeis. O froito ten forma ovalada ou de ril e madura entre abril e xuño.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Colophospermum mopane crece en lugares cálidos e secos, entre os 200 e os 1 150 m de altitude, no norte de Namibia, bo sur de Angola, no nordeste de Botswana, en Zimbabue, no sur de Zambia e de Malaui e en Mozambique.

En Botswana e Zimbabue, onde chove máis, pode alcanzar os 18 m de altura e, ao estaren moi xuntas as árbores, forman verdadeiras catedrais forestais. En zonas máis secas ou con xeadas invernais forman bosques abertos onde non supera os 2 m de atura.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Aos elefantes encántanlle as follas a as vaíñas do mopane, e é frecuente velos onde están estas árbores. Tamén lle gustan ás xirafas, aos rinocerontes e aosbabuínos. A estes últimos gústall un psílido que se alimenta da seiba* e que, na súa etapa xuvenil, é moi saboroso, o Arytaina mopani. Unha pequena abella tamén é característica visitante desta árbore, a Plebeina hildebrandti.[4]

A larva da bolboreta Gonimbrasia belina, coñecida como vderme do mopane, vive nas ramas desta árbore. É moi rica en proteínas e serve de alimento aos habitantes das rexións onde crece a árbore. A larva, que alcanza os 10 cm, pode ser comida torrada ou seca.

Usos

[editar | editar a fonte]

A madeira do mopane é moi dura e difícil de traballar. Úsase para a construción porque é moi resistente e non poden atacala as térmites. Tamén utilízase para fabricar travesas ferrocarril e os soportes das minas.

Ultimamente incrementouse o seu uso para fabricar instrumentos musicais, especialmente os de vento, pois é máis fácil de encontrar que Dalbergia melanoxylon, o ébano de Mozambique, usado para os clarinetes, gaitas e outros análogos.

Nos Estados Unidos e en Europa úsase cada vez máis como madeira decorativa polas súa cores e a súa textura, xa sexa para lámpadas, pés de esculturas, xardíns, terrarios etc. De feito, é unha madeira moi prezada en acuariofilia.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Colophospermum mopane (J.Kirk ex Benth.) J.Léonard no GBIF. Consultado o 21 de xullo de 2022.
  2. "Colophospermum mopane". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de xullo de 2022. 
  3. Unha referencia á semente resinosa da especie pode verse en W. P. U. Jackson (1990): Origins and Meanings of Names of South African Plant Genera
  4. "PlantZAfrica", South African National Biodiversity Institute / Páxina Web Arquivado 28 de abril de 2021 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]