Coordenadas: 43°20′4.08″N 8°3′21.08″O / 43.3344667, -8.0558556
Monfero | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio[1] | monferés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca do Eume |
Poboación | 1.838 hab. (2023)[2][3] |
Área | 171,67 km²[3] |
Densidade | 10,71 hab./km² |
Entidades de poboación | 7 parroquias[4] |
Capital do concello | Rebordelo |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Andrés Feal Varela (PSdeG-PSOE[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 4 |
Eleccións municipais en Monfero | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 84,46% |
Na rede | |
www.concellodemonfero.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».
A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.
Censo total 2017 | 1.985 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 144 (7.25 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.151 (57.98 %) |
Maiores de 65 anos | 690 (34.76 %) |
Evolución da poboación de Monfero Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
5.715 | 6.473 | 6.530 | 3.587 | 2.490 | 2.239 | 2.178 | 2.129 | 2.109 | 2.089 | 2.037 | 2.019 | 1.985 | (({14))} | (({15))} | (({16))} | (({17))} | (({18))} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Monfero ten 173,28 km², e abrangue sete parroquias. A casa consistorial está no lugar de Rebordelo, na parroquia de San Fiz de Monfero. Está no leste da provincia da Coruña, por onde limita cos concellos lugueses de Xermade e Guitiriz; ao norte limita coas Pontes de García Rodríguez, A Capela e Cabanas; ao sur con Irixoa e Aranga; e ao oeste con Vilarmaior e Pontedeume.
Está atravesado pola estrada AC-151 (que o une coa A-6), a C-640 que vai de Betanzos a Viveiro, e a AC-144, que vai cara a Pontedeume. Está a 45 km da Coruña e a 80 de Santiago de Compostela.
A Serra da Loba é a rexión montañosa máis destacada, destacando no centro do concello o Monte da Pendella (712 m). O río Eume fai de fronteira polo norte, e a el van dar os afluentes do Frai Bermuz e San Bartolomeu. No oeste están amais os ríos Lambre e Lambruxo.
Unha parte das Fragas do Eume, declaradas parque natural en 1997, áchanse dentro do territorio de Monfero.
Hai restos de presenza humana na prehistoria, como as mámoas na Pena do Moncouso. Amais, hai varios topónimos que denotan presenza castrexa.
Na Idade Media a zona era xurisdición do mosteiro cisterciense, xa reflectida en documentos de 1135.
O mosteiro de Monfero pertenceu á Orde do Císter, e ten as súas orixes cara ao século X. Está recoñecido como un ben de interese cultural.
Consérvanse varias pontes do século XV, todas dun só arco: a ponte do Dez sobre o río Frai Bermuz, a ponte de San Paio sobre o Lambre (co concello de Irixoa á outra beira) e outra sobre o río Lambruxo, entre os lugares das Travesas e Vilarboi.
Amais das igrexas parroquiais, hai varias pequenas ermidas, como a da Ascensión en Boicornello (Val de Xestoso), as de Santo André da Ribeira e Lagares (San Fiz de Monfero), e a de San Bartolomeu na Ermida (Queixeiro).
Hai 5 casas de turismo rural: Casa de Graña da Acea, Casa Don Bernardo, Casa Lourán, Casa Piñeiro e Rodeo da Casa.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monfero vexa: Lugares de Monfero.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monfero ![]() |
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |