Infotaula de personaModesto Hermida

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Vales, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSabela Hermida, Alexandre Hermida Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1687936

Modesto Hermida García, nado en Vales (San Cristovo de Cea) o 21 de abril de 1946, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria

Estudou na Escola de Maxisterio de Ourense, en 1968 aprobou a oposición de Mestre Nacional, exerceu en Asturias e mentres estudou Filosofía e Letras (Filoloxía Románica) na Universidade de Oviedo e na de Santiago de Compostela. En 1981-82 colaborou no Gabinete da Reforma Educativa. En 1982 aprobou a oposición de Profesor agregado de Lingua e Literatura Galegas exercendo no instituto de Redondela. En 1988 empezou a exercer de Inspector de Bacharelato na Consellería de Educación. En 1992 adquiriu a condición de Catedrático de Lingua Galega e Literatura. En 1993 foi profesor Titular de Filoloxía Galego Portuguesa de Escola Universitaria na USC.  En 1995 leu a tese de doutoramento en Filoloxía Románica pola USC[1]. Volveu á función de inspector na Consellería de Educación, xubilándose en maio de 2012.[2]

Na década de 1970 militou no Partido Comunista e en Comisións Obreiras. Formou parte da primeira directiva do PEN-CLUBE de Galicia, 1990. De 1987 a 1992 foi Director Literario de Ir Indo Edicións. Entre 1987 e 1988 foi colaborador do programa cultural de TVG Visións. De 1990 a 1996 participou no Diario Cultural da Radio Galega. En 1996 foi premio da Crítica-Galicia, na modalidade de Investigación.

Colaborou en varios xornais galegos, especialmente no Faro de Vigo ("Artes e Letras", "A pizarra"), ás veces co pseudónimo Rego Mazaira.[3] Colaborou no Proxecto Galicia (Hércules Edicións) dirixido por Darío Villanueva.

En 2015, foi homenaxeado coa publicación do libro Polos vieiros das palabras. Homenaxe a Modesto Hermida, a cargo de Xesús Alonso Montero e Antón Pulido Novoa.[4]

Publicacións

Poesía

Narrativa

Estudos literarios

Edicións de textos literarios

Libros para o ensino

Libros para o ensino dos que é coautor:

Traducións

Vida persoal

Casou con Lourdes Mondelo Vázquez. É o pai da actriz e bailarina Sabela Hermida e do consultor e enxeñeiro Alexandre Hermida.

Notas

  1. Ficha do autor Arquivado 19 de abril de 2016 en Wayback Machine. no sitio web dos Premios da Crítica.
  2. Alonso Montero, Xesús; Pulido, Antón (2014). Polos vieiros das palabras. Homenaxe a Modesto Hermida. Ir Indo Edicións. ISBN 978-84-7680-718-7. 
  3. "Pseudónimos galegos". ogalego.eu. Consultado o 28/09/2017. 
  4. Homenaxe a Modesto Hermida, no sitio web da Xunta de Galicia.
  5. "Modesto Hermida llega a la poesía caminando por el «Fío da navalla»". lavozdegalicia.es. Consultado o 06/12/2018. 
  6. Hermida, Modesto (2018). O tempo escuro. Ir Indo. ISBN 978-84-7680-739-2. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas