Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.)
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.

Miss Mundo é un título de beleza feminina. Tamén se coñece así o certame que o concede e que se celebra anualmente, xulgando a beleza integral, a elegancia, a personalidade, o porte, a pose, a seguridade, a conciencia social e a saúde física das candidatas provenientes de diferentes países do mundo. Igual que ocorre no concurso de Miss Universo, a gañadora é cualificada como «a muller máis bela do mundo». Cada concursante representa unicamente a súa nación de orixe e a vencedora ostentará o título por un ano.

Historia e caracerísticas

O certame foi fundado en 1951 por Eric Morley no Reino Unido. A presidenta da Organización Miss Mundo é Julia Morley, quen colleu as rendas do concurso tras a morte do seu marido, Eric Morley, en 2000. Ela administra e toma decisións respecto a este certame e o seu concurso irmán, Míster Mundo, versión masculina do orixinal.

A final de Miss Mundo é un grande acontecemento anual de televisión en vivo, visto por dous mil millóns de persoas en máis de 200 países. A diferenza doutros certames, Miss Mundo é pouco coñecido en América; non obstante, mantén gran popularidade en África e na maior parte de Europa, Asia e o Caribe.

A gañadora pasa o seu reinado viaxando ó redor do mundo, en particular a países terceiromundistas, representando a Organización Miss Mundo nas súas varias causas.

Miss Mundo ten unha axenda explicitamente altruísta e conta con máis de 250 millóns de libras para varias obras de caridade globais. Tradicionalmente, a Miss Mundo vive en Londres durante o seu reinado, servindo esta cidade de base para as súas viaxes mundiais.

A catalá Mireia Lalaguna gañou este título no ano 2015.[1]

Notas

  1. "Miss Espagne est sacrée Miss Monde 2015". Paris Match (en francés). 19-12-2015. Consultado o 18-2-2018.