Biografía | |
---|---|
Nacemento | xaneiro de 1808 Alella, España |
Morte | 1888 (79/80 anos) Barcelona, España |
Lugar de sepultura | Poblenou Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto , urbanista |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Miquel Garriga i Roca, nado en Alella en 1804 e finado en Barcelona en 1888, foi un arquitecto e urbanista catalán, fillo e neto de arquitectos.
Durante o seu período de arquitecto municipal de Barcelona, no ano 1858 realizou o levantamento dun plano topográfico do interior da cidade a escala 1:250, chamado popularmente «Quarterons Garriga i Roca». Tamén fixo uns planos topográficos de El Masnou, un en 1849 e outro no ano 1850.
Proxectou un plan para o Eixample barcelonés no ano 1857, que a pesar de ter sido aprobado, ao final realizouse a idea que presentou Ildefons Cerdà.
A súa obra máis famosa foi a construción do Gran Teatre del Liceu no ano 1845 sobre un antigo convento trinitario e inaugurado en abril de 1847.