Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1986 (37 anos) Hammersmith, Reino Unido (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista |
Período de actividade | 2005 - |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Warner Music Group |
Michael "Micko" Joseph Larkin, nado o 13 de outubro de 1986, é un músico inglés coñecido por ser o guitarrista principal da banda de indie rock Larrikin Love e de Hole dende a súa reforma.
Larkin naceu en Hammersmith, Londres, de pais irlandeses. No ano 2005 formou a banda de curta vida Larrikin Love co vocalista Edward Larrikin, o baixista Alfie Ambrose e o batería Coz Kerrigan. O grupo foi descrito pola revista NME como parte da ficticia "escena Thamesbeat", e só editou un álbum na súa carreia, The Freedom Spark, ademais de seis sinxelos. Larrikin Love separouse o 4 de maio de 2007, despois de que os seus membros se embarcasen noutros proxectos musicais.
Tras a disolución de Larrikin Love, Larkin mudouse aos Ánxeles para traballar coa antiga líder de Hole, Courtney Love. Mairead Nash, representante dos grupos de indie pop Florence + the Machine e Queens of Noize recomendou a Love traballar con Larkin en xuño de 2007,[1] e tras a súa audición converteuse no guitarrista principal do grupo en solitario de Love, chamado de forma non oficial The Courtney Love Band. Larkin uniuse á banda de Love xunto coa baixista Patricia "Pato" Vidal,[2] o batería Stu Fisher, a pianista Bethia Beadman, e o guitarrista rítmico Liam Wade.[3] Love e o grupo realizaron unha curta xira polo Reino Unido en 2007, que tamén incluíu un concerto en París no mes de xullo.
O 17 de xuño de 2009 Love e Larkin anunciaron a reunión de Hole a través dun webblog de NME.[4] Larkin substituíu o antigo guitarrista e cofundador da banda Eric Erlandson. Nos meses seguintes Erlandson e a antiga baixista Melissa Auf der Maur afirmaron que non podía haber ningunha reunión segundo un contrato que Love e Erlandson asinaran en 2002, tras a separación inicial do grupo, que dicía que o nome de Hole non podería ser usado sen participación mutua. Porén, a reunión de Hole seguiu adiante. O cuarto álbum de estudio da banda, Nobody's Daughter, tivo a Larkin como guitarrista principal, como co-produtor e como principal compositor en catro temas.
O 29 de novembro de 2012 Love dixo a través da conta de Twitter da súa próxima liña de roupa: "a partir de agora chámase Courtney, Hole está morta", implicando que abandonaba o nome de Hole e volvía a actuar como artista en solitario, con Larkin, o baixista Shawn Dailey e o batería Scott Lipps como banda de acompañamento.[5]
Dende o ano 2017 Larkin toca na banda baseada en Liverpool Darlia.
| |
Álbums de estudio | |
EPs e recompilatorios | |
Sinxelos |
|