O Miami Herald é un xornal diario norteamericano pertencente a The McClatchy Company. Atende primariamente ós condados de Miami-Dade, Broward e Monroe, no estado americano da Florida, mais tamén circula por todo sur dese estado, alén do Caribe e América Latina.[1]

Recibiu diversas veces o Premio Pulitzer dende a súa fundación, en 1903.[2]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. The world's great dailies: profiles of fifty newspapers (1980) pp 196-201
  2. "Our Markets: Miami Herald". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 04 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]