Monumento en memoria dos intoxicados por mercurio en Minamata (Xapón)

Desígnanse co nome xenérico de metais pesados algúns elementos metálicos presentes na natureza, de densidade relativamente alta, e que poden presentar toxicidade para os organismos vivos, entre eles para o ser humano, especialmente por ser bioacumulativos.

Trátase, normalmente, de elementos comprendidos entre o cobre e o chumbo na táboa periódica dos elementos, cunha densidade maior de 4 ou 4,5 g/cm3, pero hainos de menor densidade mentres que outros metais, máis densos, non se inclúen neste grupo ó non seren tóxicos. Mesmo os hai que cumpren algunha función biolóxica e cualifícanse, por tal razón, como nutrientes esenciais, pero que a determinadas concentracións poden resultar tóxicos nalgunha das súas formas (como níquel, manganeso ou cobre); outros non teñen misión biolóxica coñecida (como o cadmio, mercurio, chumbo). Algún elemento incluído entre os metais pesados, coma o arsénico ou o selenio, non son realmente metais.

A presenza destes elementos no medio pode significar serios problemas medioambientais, debidos á súa ecotoxicidade, e, no caso de estaren presentes nos alimentos, problemas de saúde pública entre os consumidores.

O concepto de metal pesado non obedece a criterios químicos senón biolóxicos, en función da toxicidade que presentan. A IUPAC (Unión internacional de química pura e aplicada, International Union of Pure and Applied Chemistry) considera que este termo é "sen sentido e enganoso" [1] e reclama unha definición autorizada, baseada na táboa periódica, e a diferenciación entre os metais puros e os seus posibles compostos tóxicos. Neste sentido, un exemplo claro é a practicamente nula toxicidade do mercurio fronte á elevada toxicidade do metilmercurio, a súa forma orgánica máis perigosa.

Orixe

[editar | editar a fonte]

Os elementos comprendidos baixo o concepto de metais pesados están presentes na natureza e poden liberarse ó ambiente a través de fenómenos naturais como as emisións volcánicas, pero os seus efectos negativos sobre o medio adoitan ser consecuencia de residuos da actividade mineira, de verteduras industriais ou da incineración de combustibles fósiles. Por calquera destas vías, os metais chegan ás augas, ó aire ou ó chan, medios desde os que son absorbidos por plantas e animais ingresando así na cadea alimentaria.

Os metais pesados non son degradables, nin química nin bioloxicamente, polo que permanecen activos no medio trala vertedura durante centos de anos, contaminando o chan e acumulándose en plantas e animais, aumentando a concentración a medida que se eleva a cadea trófica.

Noutros casos, a súa presenza nos alimentos débese a unha contaminación durante o proceso de elaboración ou á migración desde os envases que conteñen eses alimentos. É o caso do estaño, que pode contamina-las conservas ou bebidas enlatadas.

En calquera caso, a toxicidade dos metais non é cousa nova: médicos gregos e romanos describiron síntomas de envelenamento agudo por chumbo.

Metais pesados máis relevantes

[editar | editar a fonte]

Sen orde de importancia, os metais pesados máis coñecidos son os seguintes:

Pero moitos outros metais entran tamén na clasificación de metais pesados:

Controis oficiais

[editar | editar a fonte]

Nos últimos decenios publicáronse diferentes normas para regula-los límites máximos admisibles nalgúns alimentos, límites que varían segundo o metal considerado e o alimento ou grupo de alimentos onde pode presentarse, tendo en conta o consumo esperado de cada un deles. Nos países europeos a normativa vixente é a que establece o Regulamento (CE) nº 1881/2006 e as sucesivas modificacións [1].

Ademais, as autoridades sanitarias nacionais e internacionais estableceron diferentes medidas destinadas a reduci-la emisión dos metais considerados tóxicos e a reduci-la inxesta polos consumidores, considerados como poboación en xeral ou, especialmente nos grupos de risco segundo circunstancias particulares (en meniños ou en mulleres embarazadas ou lactantes).

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Que regula tamén outros posibles contaminantes diferentes dos metais pesados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]