Infotaula de personaMarshall McLuhan

(1967) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Herbert Marshall McLuhan Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xullo de 1911 Editar o valor em Wikidata
Edmonton, Canadá Editar o valor em Wikidata
Morte31 de decembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Toronto (Canadá) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaHoly Cross Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity Hall (pt) Traducir
Universidade de Manitoba (pt) Traducir
Kelvin High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudo da historia da arte, ciencia da literatura, culturoloxía, semántica, filosofía, ciencias da relixión, xornalismo, media ecology (en) Traducir, lingüística e Estudos de medios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , sociólogo , crítico literario , profesor universitario , escritor , retórico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toronto
Universidade Fordham (pt) Traducir
Universidade Saint Louis Editar o valor em Wikidata
AlumnosWalter J. Ong (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoWalter J. Ong (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeCorinne Lewis
FillosEric McLuhan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmarshallmcluhan.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0572956 Bitraga: 3398 Musicbrainz: 80695097-7977-4ef7-8c8e-e23e00151328 Songkick: 2091563 Discogs: 318204 WikiTree: McLuhan-2 Find a Grave: 10424 Editar o valor em Wikidata

Herbert Marshall McLuhan ([məˈkluən]), nado en Edmonton o 21 de xullo de 1911 e finado en Toronto o 31 de decembro de 1980, foi un filósofo, erudito e profesor canadense.

Profesor de literatura inglesa, crítica literaria e teoría da comunicación, McLuhan é recoñecido como un dos fundadores dos estudos sobre os medios, e pasou á posteridade como un dos grandes visionarios da presente e futura sociedade da información. Cara a finais da década de 1960 e principios dos anos 1970, McLuhan acuñou a expresión «aldea global» para describir a interconexión humana a escala global xerada polos medios electrónicos de comunicación.[1] É famosa a súa frase «o medio é a mensaxe».[2]

Traxectoria

Herbert Marshall McLuhan naceu en 1911 en Edmonton, Alberta, Canadá, fillo de Herbert Marshall e Elsie Hall, un axente inmobiliario e unha ex-actriz. A familia McLuhan trasladouse a Winnipeg, Manitoba, mentres Marshall era aínda un neno.[3]

Estando en Winnipeg, McLuhan logrou un "BA" (Licenciatura en letras) e un "MA" (mestrado) en lingua inglesa, na Universidade de Manitoba. McLuhan matriculouse despois na Universidade de Cambridge. Doutorouse aos 31 anos de idade na Universidade de Cambridge, e na súa tese de doutoramento, chamada The place of Thomas Nashe in the learning of his estafe, analizou a obra do dramaturgo inglés Thomas Nashe. Alí ensinou a I. A. Richards e F. R. Leavis, e foi influído polo New Criticism. Destacouse pola súa destreza física para a bésta, gañando varios torneos internacionais entre 1935 e 1936. Entre 1936 e 1937, McLuhan deu clases como profesor adxunto na Universidade de Wisconsin.

O 30 de marzo de 1937, McLuhan culminou a súa conversión á fe católica, tras un longo proceso. A continuación impartiu clases en institutos superiores católicos. Dende 1937 até 1944 ensinou inglés na Universidade de Saint Louis, onde se fixo amigo de Walter J. Ong (1912-2003), quen logo realizou un doutoramento sobre un tema respecto do cal McLuhan lle chamara a atención, e quen logo sería coñecido á súa vez como unha autoridade das comunicacións e a tecnoloxía.

Un total de nove universidades concedéronlle doutoramentos honoris causa: University of Windsor (1965), Assumption University (1966), University of Manitoba (1967), Simon Fraser University (1967), Grinnell University (1967), St. John Fisher College (1969), University of Alberta (1971), University of Western Ontario (1972), Universidade de Toronto (1977).[4]

Pensamento

Durante os anos na Universidade de Saint Louis (1937-1944), McLuhan traballou evidentemente en dous ambiciosos proxectos: a súa disertación de doutoramento e o seu manuscrito que foi publicado en 1951 como o libro de The Mechanical Bride, que incluía só unha selección representativa dos materiais que McLuhan preparara para el.

O doutoramento da Universidade de Cambridge, logrado en 1943, revisa a súa disertación sobre a historia das artes verbais (gramática, dialéctica, lóxica e retórica). McLuhan algunhas veces utiliza o concepto en latín de trivium[5] para destacar unha orde sistemática da visión de certos períodos da historia cultural de Occidente. Suxire que a Idade Media, por exemplo, se caracterizou en gran medida pola énfase no estudo da lóxica. A clave que levou ao Renacemento non foi o redescubrimento dos textos antigos, senón máis ben a renovada importancia que se lle deu á retórica e á linguaxe por riba do estudo da lóxica. Este cambio realizado no Renacemento humanista foi un cambio na énfase dada non totalmente á eliminación da arte verbal. A Idade Moderna caracterízase polo rexurdimento da gramática como o seu tema máis sobresaliente.

McLuhan é o creador de numerosos conceptos hoxe moi populares acerca dos medios de difusión masiva e a sociedade da información, tales como a Galaxia Gutenberg, a aldea global, a diferenciación entre medios fríos e quentes e a descrición dos medios de comunicación como extensións da persoa.

Creou a revista académica Explorations co antropólogo Edmund "Ted" Carpenter. Nunha carta a Walter Ong con data do 31 de maio de 1953, McLuhan informou de que recibira unha bolsa de dous anos por 43000 dólares da Ford Foundation para levar a cabo a comunicación dun proxecto na Universidade de Toronto involucrando profesores de diferentes disciplinas, o que levou á creación da revista.[6]

McLuhan saltou á fama en 1964, cando publicou Understanding Media. O libro, sen recursos publicitarios, transformouse nun best-séller en Harvard e outras universidades.

Legado

Colexio San Miguel da Universidade de Toronto

McLuhan influenciou grandes pensadores, críticos culturuales, e teóricos como Neil Postman, Jean Baudrillard, Timothy Leary, Terence McKenna, William Irwin Thompson, Paul Levinson, Douglas Rushkoff, Jaron Lanier, Hugh Kenner e John David Ebert. Tamén foi influencia de líderes políticos como Pierre Elliott Trudeau e Jerry Brown. Crese que o famoso pintor e creador do movemento Pop Art, Andy Warhol adaptou e parafraseou a teoría da Aldea Global de McLuhan coa súa frase "Todos temos dereito a ter os nosos 15 minutos de fama".[7] A personaxe Brian Ou'Blivion no filme de David Cronenberg de 1983 Videodrome é un "oráculo dos medios" baseado en McLuhan. En 1991, McLuhan foi nomeado o "santo patrón" da revista Wired. Á súa vez, a banda de rock Genesis noméao nunha canción chamada "Broadway Melody of 1974", que aparece no álbum The Lamb Lies Down on Broadway. No episodio de The Sopranos chamado "House Arrest", tamén nomean a McLuhan.

Un novo centro en Toronto chamado McLuhan Program in Culture and Technology (Cultura e Tecnoloxía: Programa McLuhan), foi creado en 1980, logo da súa morte.[8] Dende 1994, é parte da Facultade de Estudos de Información da Universidade de Tornonto e no 2008, o programa de Cultura e Tecnoloxía McLuhan asociouse co instituto Coach House.

Dende o 2008 ao 2015, o profesor Dominique Scheffel-Dunand da Universidade de York, desempeño como director do programa. En 2011, no momento do seu centenario, o Instituto Coach House estableceu un programa de Bolsas Centenarias Marshall McLuhan na súa honra, e cada ano designa ata catro bolseiros por un máximo de dous anos. En maio do 2016, o Instituto Coach House pasou a chamarse Centro McLuhan de Cultura e Tecnoloxía.

En Toronto, a escola secundaria católica Marshall McLuhan leva o seu nome.

Obras

Entrevistas publicadas

Notas

  1. Marshall, McLuhan (1998). La galaxia Gutenberg: génesis del homo typographicus (1.ª ed ed.). Círculo de Lectores. ISBN 9788422674917. OCLC 42702066. 
  2. McLuhan, Marshall; Jerome, Angel (1988). El medio es el masaje (en castelán) (1a ed ed.). Paidós. ISBN 9788475090153. OCLC 41526283. 
  3. McLuhan, Marshall (marzo de 1969). "The Playboy Interview".
  4. "Doutoramentos honoris causa.". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2009. 
  5. McLuhan, Marshall (2006). The classical trivium : the place of Thomas Nashe in the learning of his time. Gingko Press. ISBN 1584230673. OCLC 61748350. 
  6. Plummer, Kevin (3 de maio de 2014). "Historicist: Explorations at the Vanguard of Communications Studies". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  7. "El medio es y no es el mensaje Paradoja nº2 |". wordpress.danieltubau.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  8. "Cultura y Tecnología: El Programa McLuhan en el medio universitario <<!>> educ.ar". portal.educ.ar (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  9. "Predicting Interactive Communication via the Internet". Marshall McLuhan Speaks Special Collection (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  10. "The End of Polite Society". Marshall McLuhan Speaks Special Collection (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  11. "Violence as a Quest for Identity". Marshall McLuhan Speaks Special Collection (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  12. "The Communications Revolution". Marshall McLuhan Speaks Special Collection (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  13. "Living in an Acoustic World". Marshall McLuhan Speaks Special Collection (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas