Manuel Marrero
Nacemento11 de xullo de 1963
Lugar de nacementoProvincia de Holguín
NacionalidadeCuba
Ocupaciónpolítico
Na rede
Twitter: MMarreroCruz Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Manuel Marrero Cruz, nado na provincia de Holguín o 11 de xullo de 1963,[1] é un político cubano especializado no sector turístico, que ocupa o cargo de primeiro ministro de Cuba dende o 21 de decembro de 2019. É a primeira persoa en ocupar o cargo en 43 anos tras ser eliminado en 1976 e recuperado na Constitución aprobada en abril de 2019.[2]

Traxectoria

É enxeñeiro arquitecto de formación e foi dirixente da FEU. Uniuse ao mundo turístico en 1990 como investidor no Grupo Gaviota e posteriormente foi xefe do grupo de investimentos técnicos, subdirector e director xeral do hotel Río de Luna e logo delegado de Gaviota para as provincias orientais.[3]

Foi director xeral do complexo hoteleiro Varadero Azul, primeiro vicepresidente e finalmente presidente de Gaviota.

En 2004 asumiu o Ministerio de Turismo, nomeado por Fidel Castro.[4] Permaneceu no cargo ata decembro de 2019, cando foi nomeado primeiro ministro de Cuba. O seu sucesor no Ministerio de Turismo foi Juan Carlos García Grada.[5]

Primeiro ministro de Cuba

O 21 de decembro de 2019 foi designado pola Asemblea Nacional do Poder Popular como primeiro ministro do goberno. A candidatura foi proposta polo presidente do país, Miguel Díaz-Canel, e recibiu o voto unánime dos deputados. O cargo de primeiro ministro fora eliminado en 1976 e foi recuperado de novo na Constitución de 2019 aprobada ese mesmo ano.[6] A última persoa que exercera como primeiro ministro de Cuba fora Fidel Castro que exercera dende 1959 ata 1976, cando foi elixido presidente dos consellos de Estado e ministros.[5]

O mandato ten unha duración de cinco anos, como se indica no artigo 141 da Constitución cubana de 2019.[5]

Notas

  1. Cuba Medical and Pharmaceutical Industry Handbook - Strategic Information, Regulations, Contacts (en inglés). Lulu.com. 2007. ISBN 978-1-43-300919-8. 
  2. "Manuel Marrero, nomeado primeiro ministro de Cuba". Faro de Vigo. 21 de decembro de 2019. Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  3. "Deputados á Asemblea Nacional" (PDF). Granma (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  4. "Díaz-Canel sorprende al nombrar al desconocido Manuel Marrero como primer ministro de Cuba" (en castelán). 21 de decembro de 2019. Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Asamblea Nacional elige a Manuel Marrero como Primer Ministro de Cuba" (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  6. "Manuel Marrero, nombrado primer ministro de Cuba". La Vanguardia (en castelán). 21 de decembro de 2019. Consultado o 23 de decembro de 2019.