Petaca | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Fernández Rey | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1976–1978 | Vista Alegre | ||
1978–1983 | Lalín | ||
Adestrador | |||
1981–1986 | Compostela (xuv.) | ||
1986–1987 | Compostela | ||
1988 | Compostela | ||
1988–1989 | Vista Alegre | ||
1989–1992 | Flavia | ||
1992–1993 | Cacheiras | ||
1993–1995 | Negreira | ||
1995 | Negreira | ||
1995–1999 | Atlético Fátima | ||
1999–2000 | Atlético Fátima (xuv.) | ||
2000 | Arousa | ||
2000–2001 | Órdenes | ||
2002–2004 | Atlético Fátima | ||
2005–2011 | Escravitude | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Fernández Rey, coñecido como Manolo Petaca, nado en Santiago de Compostela, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol galego.
Xogou ao fútbol como centrocampista no Vista Alegre e no Lalín.[1][2] Dende 1981 compaxinou o labor de xogador do Lalín co de adestrador do equipo xuvenil da SD Compostela.[3]
En 1986 colleu as rendas do primeiro equipo, substituíndo a Dagoberto Moll tralo descenso do equipo á Terceira División.[4] O equipo renovou case completamente o seu cadro de xogadores, mantendo só ao gardameta Paco e ao capitán Villalba, e acabou a tempada no sexto posto. Continuou no banco do equipo compostelán na seguinte tempada, ata que foi destituído o 30 de novembro de 1987, sendo substituído por Arsenio Iglesias.[5] Con todo, regresou só uns meses despois, trala marcha de Arsenio ao Deportivo da Coruña, e ocupou o banco do equipo de Santiago ata o final de tempada.[6]
A continuación regresou ao Vista Alegre, desta vez como adestrador para a tempada 1988/89, pero foi cesado nos primeiros días de 1989, debido aos malos resultados.[7] A continuación adestrou durante tres tempadas ao Flavia, antes de poñerse á fronte do Cacheiras, equipo que mantiña unha colaboración co Compostela.[8] Entre 1993 e 1995 adestrou o Negreira. Foi cesado en abril de 1995, e contratado de novo só un mes despois.[9]
A continuación adestrou durante varios anos ao Atlético Fátima, e pasou brevemente polos bancos do Arousa e o Órdenes, antes de regresar ao Atlético Fátima. Entre 2005 e 2011 adestrou o Escravitude de Padrón.
Fóra do seu traballo en clubs, adestrou durante anos diversas seleccións santiaguesas de categorías inferiores, e en 2001 foi elixido para poñerse á fronte da nova selección feminina de fútbol de Galicia.[10] Nos seguintes anos continuou adestrando nas categorías inferiores da selección feminina.[11][12]