Mandioca | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Manihot esculenta | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Manihot esculenta' Crantz |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 160 kcal (670 kJ) |
38.1 g | |
Azucres | 1.7 g |
Fibra alimentaria | 1.8 g |
0.3 g | |
1.4 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 8% 0.087 mg |
Riboflavina (B2) | 4% 0.048 mg |
Niacina (B3) | 6% 0.854 mg |
Vitamina B6 | 7% 0.088 mg |
Ácido fólico (B9) | 7% 27 μg |
Vitamina C | 25% 20.6 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 2% 16 mg |
Ferro | 2% 0.27 mg |
Magnesio | 6% 21 mg |
Fósforo | 4% 27 mg |
Potasio | 6% 271 mg |
Sodio | 1% 14 mg |
Cinc | 4% 0.34 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 60 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
A mandioca[1] (Manihot esculenta), ás veces tamén chamada iuca (cómpre non confundir co xénero Yucca sp), é unha planta tropical euforbiácea (da familia Euphorbiaceae), arbustiva ou arbórea, de até 3 m de altura. Ten raíces tuberosas, follas grandes moi divididas, flores amarelas en acio e froito en cápsula alada.
A raíz posúe unha fécula alimentaria, velenosa acabada de extraer, mais comestíbel a xeito de tapioca, obtida despois de someter a fécula verde a unha lixeira cocedura[2]. A tapioca é un alimento rico en glícidos como o amidón[3].
É un arbusto perennifolio, monoico, con raíces tuberosas engrosadas, fusiformes e fibrosas. As follas son alternas, palmadas e estipuladas.
Cultívase coma alimento básico en moitos países tropicais. A mandioca é a terceira fonte de glícidos da humanidade.[4][5] A mandioca clasifícase como "doce" ou "amarga" dependendo do nivel da substancia tóxica (glicósidos cianoxénicos) que contén. Unha preparación pouco coidadosa da mandioca causa unha doenza chamada konzo. No entanto os agricultores prefiren cultivar variedades "amargas" xa que son máis resistentes ás pragas.[6]
A raizame da mandioca ten de 5 a 10 cm de diámetro e chega até os 50 a 80 cm de longo. O interior da raíz pode ser branco ou amarelento. É rica en amidón, calcio , fósforo e vitamina C (25 mg/100 g) porén pobre en proteínas e outros nutrientes.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mandioca |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mandioca |
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mandioca |