Lupang Hinirang | |
---|---|
Patria Adorada | |
Himno de | Filipinas |
Letra | José Palma 1899 |
Música | Julián Felipe 1898 |
Adoptado | 1898 (Versión orixinal) 1963 (Versión actual) |
Mostra da música | |
O Lupang Hinirang (Patria Adorada) é o himno nacional de Filipinas.
Foi creado como unha marcha instrumental, encargada por Emilio Aguinaldo, primeiro Presidente de Filipinas, a Julián Felipe para a proclamación da independencia filipina, o 12 de xuño de 1898.
O título orixinal en español foi Marcha Filipina Magdalo. Este cambiouse máis adiante a Marcha Nacional Filipina, no momento da súa adopción como Himno Nacional.
En agosto de 1899, o poeta e novo soldado José Palma escribiu un poema en español que se converteu na letra orixinal deste himno nacional. En 1938, o senador Camilo Osías e a estadounidense Mary A. Lane, traduciron a letra ao inglés, adoptándose esta versión como a oficial, baixo o nome de The Philippine Hymn.
Finalmente, durante a administración do presidente Ramón Magsaysay, o himno nacional foi traducido por Julián Cruz Balmaceda e Ildefonso Santos á súa lingua materna, o tagalo. Desde o 26 de maio de 1956 o himno nacional de Filipinas, Lupang Hinirang, cántase oficialmente en tagalo. Tras outras revisións de menor importancia, feitas en 1966, esta é a versión final que está en uso actualmente.
O Acto Republicano N.º 8491 prohibe que o himno nacional se interprete noutro idioma que non sexa o tagalo.[1] Con todo, resístese a lei polos que falen outros idiomas filipinos.[1][2][3][4][5]
A letra do himno, en castelán, inglés e filipino tiveron status oficial ao longo da historia de Filipinas. Porén, na actualidade tan só a versión en filipino está recoñecida por lei. En 1998 publicouse a lei segundo a cal "o himno nacional debe ser interpretado sempre na lingua nacional dentro ou fora do país; a violación desta lei e sancionable cunha multa e pena de cárcere".[6]
Versión orixinal en castelán Marcha Nacional Filipina (1899)[7][8] escrita por Jose Palma |
Versión oficial durante a mancomunidade cos Estados Unidos Versión en inglés The Philippine Hymn (1938)[9] traducida por Camilo Osias |
Versión oficial en filipino Lupang Hinirang (1958, rev. 1963)[10] traducido por Felipe Padilla de Leon |
---|---|---|
Tierra adorada |
Land of the morning |
Bayang magiliw, |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lupang Hinirang |