Liv Johanne Ullmann, nada o 16 de decembro de 1938, é unha actriz e directora de cine norueguesa, actuou en nove filmes de Ingmar Bergman, con quen tivo unha filla, a escritora norueguesa Linn Ullmann.
Naceu en Toquio, onde o seu pai traballaba como enxeñeiro, e medrou en Trondheim. Comezou actuando en Noruega no teatro. O seu traballo con Bergman, en especial Scener ur ett äktenskap, convertérona nunha icona cultural e do feminismo e nunha das actrices máis recoñecidas do seu tempo.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liv Ullmann ![]() |