A lei celta fai referencia a un gran número de códigos de lei que foron usados no pasado nas coñecidas como nacións celtas dende a Idade Media. Malia variar considerablemente nos detalles, existen certos puntos de similitude entre os diferentes códigos.

As Leis Brehon gobernaron a política e o día a día en Irlanda ata a invasión normanda de 1171 (a palabra "Brehon" é un forma inglesa de breitheamh, a palabra irlandesa para "xuíz"). As leis foron escritas no período irlandés antigo (ca. 600–900) e probablemente reflectían as leis tradicionais da Irlanda pre cristiá.

A codificación da lei galesa foille tradicionalmente atribuída a Hywel Dda, rei de Gales dende o 942 ata a súa morte no 950. Esta foi unha adaptación das leis existentes previamente. A lei galesa permaneceu vixente en Gales ata a morte de Llywelyn ap Gruffydd en 1282, o derradeiro príncipe dun Gales independente.

Neses códigos destaca unha especial énfase no pagamento dunha compensación á vítima, ou ós familiares da vítima, polo crime cometido, no canto do castigo polo gobernante. Noutras palabras, as leis eran de responsabilidade civil, como casos de crimes sen vítima ou crimes contra o Estado.

Véxase tamén

Bibliografía