Lanzamento de xavelina | |
Mellores marcas homes | |
Mundial | CZE Jan Železný 98,48 m (1996) |
Olímpico | NOR Andreas Thorkildsen 90,57 m (2004) |
Mellores marcas mulleres | |
Mundial | CZE Barbora Špotáková 72,28 m (2008) |
Olímpico | CUB Osleidys Menéndez 71,53 m (2004) |
O lanzamento de xavelina é unha proba de atletismo que, como o seu nome indica, consiste en lanzar unha xavelina. A xavelina está construída cun material regulamentario de metal ou de fibra de vidro, co obxectivo de que chegue o máis lonxe posíbel. O lanzamento de xavelina forma parte do programa de atletismo dos Xogos Olímpicos da era moderna desde 1908.
Tendo en conta que o lanzamento de artefactos de diferentes formas e tamaños para cazar animais a distancia para conseguir sustento remóntase a moitos miles de anos atrás, e que o home desde antigo sempre tivo unha tendencia a medirse cos demais homes para demostrar que era o mellor, pódese supoñer que a exhibición deste tipo de habilidades, lanzar máis lonxe ou con máis puntería, podería ter unha orixe moito máis distante do que mostra a historia escrita.
En concreto, o lanzamento de xavelina como deporte de competición regrado xa se realizaba na antiga Grecia, incluída dentro da proba de péntatlon, nos Xogos Olímpicos da Antigüidade.[1]
O péntatlon era a competición por excelencia dos Xogos Olímpicos.
Incorporouse no ano 708 a. C. e consistía nas cinco probas seguientes:
A técnica para lanzar a xavelina suponse que era diferente á actual, posto que se permitía utilizar tiras de coiro para utilizalas como propulsor, chamadas amentum en latín, e que, acabadas en dous orificios polos que se introducían dous dedos para enrolalas na xavelina, prolongaban a lonxitude do brazo do atleta e, ao mesmo tempo imprimían á xavelina un xiro que a estabilizaba no aire.[2]
A xavelina constrúese de acordo cun detallado conxunto de especificacións publicadas pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). A súa lonxitude total, para lanzadoes masculinos, debe ser de polo menos 260 cm, e o seu su peso de polo menos 800 g. Para mulleres é algo máis curta e lixeira: dun mínimo de 220 cm de longo e de 600 g de peso.[1]
A xavelina lánzase desde un corredor dunha lonxitude de 30 m, acabado nun arco de 38 m de radio. O sector de caída está marcado con dous liñas brancas de 45 cm de anchura, de tal modo que se os bordos internos das liñas se prolongasen deberían pasar polas catro interseccións dos bordos interiores do arco e as liñas paralelas que delimitan o corredor de impulso e que se cruzan no punto central do círculo do cal o arco forma parte. O sector terá así 59º aproximadamente.
Para realizar cada intento, o atleta dispón dun minuto. Normalmente, nas probas clasificatorias, cada atleta realiza tres intentos, e os oito atletas con mellor marca válida, ou todos se son oito ou menos, realizan na fase final outros tres intentos en orde inversa á súa mellor marca na clasificación.
A xavelina débes agarrar pola cordame (ou, polo menos, a man do atleta debe tocala), e lanzarse por riba do ombro ou do brazo de lanzar; non se permite lanzala en rotación nin pode o atleta dar as costas ao sector de caída antes de soltar a xavelina; os estilos non clásicos non están autorizados. Se a xavelina rompe no intento ou no aire non se contará como lanzamento nulo; tampouco sa a rotura fai perder o equilibrio ao atleta e provoca que toque fóra do arco; neste caso permitiráselle volver a comezar. Na caída, a punta metálica debe tocar o solo antes que cualquier outra parte da xavelina.
O atleta debe termar da xavelina pola empuñadura situada no seu centro de gravidade e lanzala por riba do ombro e cerca da orella.
Lidia Parada no Campionato de España de 2015. |
Atletas galegos destacados nesta disciplina son:
(Actualizado o 10 de xullo de 2018)
Marca (m) | Atleta | País | Lugar | Data | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Mundial (WR) | Homes | 98,48 | Jan Železný | República Checa | Jena | 25-05-1996 |
Mulleres | 72,28 | Barbora Špotáková | República Checa | Stuttgart | 13-09-2008 | |
Olímpico (OR) | Homes | 90,57 | Andreas Thorkildsen | Noruega | Pequín | 23-08-2008 |
Mulleres | 71,53 | Osleidys Menéndez | Cuba | Atenas | 27-08-2004 | |
Europeo (ER) | Homes | 98,48 | Jan Železný | República Checa | Jena | 25-05-1996 |
Mulleres | 72,28 | Barbora Špotáková | República Checa | Stuttgart | 13-09-2008 | |
Americano (AM) | Homes | 91,29 | Breaux Greer | Estados Unidos | Indianapolis | 21-06-2007 |
Mulleres | 71,70 | Osleidys Menéndez | Cuba | Helsinqui | 14-08-2005 | |
Africano (AF) | Homes | 92,72 | Julius Yego | Kenya | Pequín | 26-08-2015 |
Mulleres | 69,35 | Sunette Viljoen | Suráfrica | Nova York | 09-06-2012 | |
Asiático (AS) | Homes | 91,36 | Cheng Chao-Tsun | Modelo:TPE | Taipei | 26-08-2017 |
Mulleres | 67,69 | Lü Huihui | China | Halle | 26-05-2018 | |
Oceánico (OC) | Homes | 89,02 | Jarrod Bannister | Australia | Brisbane | 29-02-2008 |
Mulleres | 68,92 | Kathryn Mitchell | Australia | Gold Coast | 11-04-2018 |
Posto | Resultado | Atleta | País | Lugar | Data |
---|---|---|---|---|---|
1 | 98 m 48 cm | Jan Železný | República Checa | Jena | 25-05-1996 |
2 | 94 m 44 cm | Johannes Vetter | Alemaña | Lucerna | 11-07-2017 |
3 | 93 m 90 cm | Thomas Rohler | Alemaña | Doha | 05-05-2017 |
4 | 93 m 09 cm | Aki Parviainen | Finlandia | Kuortane | 26-06-1999 |
5 | 92 m 72 cm | Julius Yego | Kenya | Pequín | 26-08-2015 |
6 | 92 m 61 cm | Serguéi Makárov | Rusia | Sheffield | 30-06-2002 |
7 | 92 m 60 cm | Raymond Hecht | Alemaña | Oslo | 21-06-1995 |
8 | 92 m 06 cm | Andreas Hofmann | Alemaña | Offenburg | 02-06-2018 |
9 | 91 m 69 m | Konstadinós Gatsioúdis | Grecia | Kuortane | 24-06-2000 |
10 | 91 m 59 cm | Andreas Thorkildsen | Noruega | Oslo | 02-06-2006 |
Posto | Resultado | Atleta | País | Lugar | Data |
---|---|---|---|---|---|
1 | 104 m 80 cm | Uwe Hohn | Alemaña Oriental | Brandeburgo | 20-06-1984 |
Ao final dos anos 1950 Miguel de la Quadra-Salcedo logrou unha marca de 112,30 m. Para iso utilizou o chamado "estilo español" ou "estilo Erausquin", técnica creada por Félix Erausquin. Pero a IAAF prohibiu a técnica por ser perigosa para os Xogos Olímpicos de Roma de 1960 e anulou todos os rexistros previos.[9]
Poto | Marca | Atleta | País | Lugar | Data |
---|---|---|---|---|---|
1 | 72 m 28 cm | Barbora Špotáková | República Checa | Stuttgart | 13-09-2008 |
2 | 71 m 99 cm | Maria Abakumova | Rusia | Daegu | 02-09-2011 |
3 | 71 m 70 cm | Osleidys Menéndez | Cuba | Helsinqui | 14-08-2005 |
4 | 70 m 20 cm | Christina Obergföll | Alemaña | Múnic | 23-06-2007 |
5 | 69 m 48 cm | Trine Hattestad | Noruega | Oslo | 28-07-2000 |
6 | 69 m 35 cm | Sunette Viljoen | Suráfrica | Nova York | 09-06-2012 |
7 | 68 m 92 cm | Kathryn Mitchell | Australia | Gold Coast | 11-04-2018 |
8 | 68 m 43 cm | Sara Kolak | Croacia | Lausana | 06-07-2017 |
9 | 68 m 34 cm | Steffi Nerius | Alemaña | Elstal | 31-08-2008 |
10 | 67 m 69 cm | Katharina Molitor | Alemaña | Pequín | 30-08-2015 |
10 | 67 m 69 cm | Lü Huihui | China | Halle | 26-05-2018 |
Edición | Ouro | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
Londres 1908 | Suecia Eric Lemming (54,83 m) | Noruega Arne Halse | Suecia Otto Nilsson |
Estocolmo 1912 | Suecia Eric Lemming (60,64 m) | Rusia Juho Saaristo | Hungría Mór Kóczán |
Antuerpen 1920 | Finlandia Jonni Myyrä (65,78 m) | Finlandia Urho Peltonen | Finlandia Pekka Johansson |
París 1924 | Finlandia Jonni Myyrä (62,96 m) | Suecia Gunnar Lindström | Estados Unidos Eugene Oberst |
Ámsterdam 1928 | Suecia Erik Lundqvist (66,60 m) | Hungría Béla Szepes | Noruega Olav Sunde |
Los Ángeles 1932 | Finlandia Matti Järvinen (72,71 m) | Finlandia Matti Sippala | Finlandia Eino Penttilä |
Berlín 1936 | Alemaña Gerhard Stock (71,84 m) | Finlandia Yrjö Nikkanen | Finlandia Kalervo Toivonen |
Londres 1948 | Finlandia Tapio Rautavaara (69,77 m) | Estados Unidos Steve Seymour | Hungría József Várszegi |
Helsinqui 1952 | Estados Unidos Cyrus Young (73,78 m) | Estados Unidos Bill Miller | Finlandia Toivo Hyytiäinen |
Melbourne 1956 | Noruega Egil Danielsen (85,71 m) | Polonia Janusz Sidło | Unión Soviética Viktor Tsybulenko |
Roma 1960 | Unión Soviética Viktor Tsybulenko (84,64 m) | Alemaña Walter Krüger | Hungría Gergely Kulcsár |
Toquio 1964 | Finlandia Pauli Nevala (82,66 m) | Hungría Gergely Kulcsár | Unión Soviética Jānis Lūsis |
México 1968 | Unión Soviética Jānis Lūsis (90,10 m) | Finlandia Jorma Kinnunen | Hungría Gergely Kulcsár |
Múnic 1972 | Alemaña Klaus Wolfermann (90,48 m) | Unión Soviética Jānis Lūsis | Estados Unidos Bill Schmidt |
Montreal 1976 | Hungría Miklos Németh (94,58 m) | Finlandia Hannu Siitonen | Romanía Gheorghe Megelea |
Moscova 1980 | Unión Soviética Dainis Kūla (91,20 m) | Unión Soviética Aleksandr Makarov | Alemaña Oriental Wolfgang Hanisch |
Los Ángeles 1984 | Finlandia Arto Härkönen (86,76 m) | Reino Unido Dave Ottley | Suecia Kenth Eldebrink |
Seúl 1988 [11] | Finlandia Tapio Korjus (84,28 m) | Checoslovaquia Jan Železný | Finlandia Seppo Räty |
Barcelona 1992 | Checoslovaquia Jan Železný (89,66 m) | Finlandia Seppo Räty | Reino Unido Steve Backley |
Atlanta 1996 | República Checa Jan Železný (88,16 m) | Reino Unido Steve Backley | Finlandia Seppo Räty |
Sidney 2000 | República Checa Jan Železný (90,17 m) | Reino Unido Steve Backley | Rusia Sergey Makarov |
Atenas 2004 | Noruega Andreas Thorkildsen (86,50 m) | Lituania Vadims Vasiļevskis | Rusia Sergey Makarov |
Beijing 2008 | Noruega Andreas Thorkildsen (90,57 m) | Lituania Ainārs Kovals | Finlandia Tero Pitkämäki |
Londres 2012 | Keshorn Walcott (84,58 m) | Finlandia Antti Ruuskanen | República Checa Vítězslav Veselý |
Río de Janeiro 2016 | Alemaña Thomas Röhler (90,30 m) | Kenya Julius Yego | Keshorn Walcott |
Edición | Ouro | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
Los Ángeles 1932 | Estados Unidos Mildred Didrikson (43,69 m) | Alemaña Ellen Braumüller | Alemaña Tilly Fleischer |
Berlín 1936 | Alemaña Tilly Fleischer (45,18 m) | Alemaña Luise Krüger | Polonia Maria Kwasniewska |
Londres 1948 | Austria Herma Bauma (45,57 m) | Finlandia Kaisa Parviainen | Dinamarca Lily Carlstedt |
Helsinqui 1952 | Checoslovaquia Dana Zátopková (50,47 m) | Unión Soviética Aleksandra Chudina | Unión Soviética Yelena Gorchakova |
Melbourne 1956 | Unión Soviética Inese Jaunzeme (53,86 m) | Chile Marlene Ahrens | Unión Soviética N. Konyayeva |
Roma 1960 | Unión Soviética Elvira Ozolina (55,98 m) | Checoslovaquia Dana Zátopková | Unión Soviética Birutė Kalėdienė |
Toquio 1964 | Romanía Mihaela Peneș (60,54 m) | Hungría Márta Rudas | Unión Soviética Yelena Gorchakova |
México 1968 | Hungría Angéla Németh (60,36) | Romanía Mihaela Peneș | Austria Eva Janko |
Múnic 1972 | Alemaña Oriental Ruth Fuchs (60,36 m) | Alemaña Oriental Jacqueline Todten | Estados Unidos Kate Schmidt |
Montreal 1976 | Alemaña Oriental Ruth Fuchs (65,94 m) | Alemaña Occidental Marion Becker | Estados Unidos Kate Schmidt |
Moscova 1980 | Cuba María Caridad Colón (68,40 m) | Unión Soviética Saida Gunba | Alemaña Oriental Ute Hommola |
Ángeles 1984 | Reino Unido Tessa Sanderson (69,56 m) | Finlandia Tiina Lillak | Reino Unido Fatima Whitbread |
Seúl 1988 | Alemaña Oriental Petra Felke (74,68 m) | Reino Unido Fatima Whitbread | Alemaña Oriental Beate Koch |
Barcelona 1992 | Alemaña Oriental Silke Renk (68,34 m) | Equipo Unificado Natalya Shikolenko | Alemaña Oriental Karen Forkel |
Atlanta 1996 | Finlandia Heli Rantanen (67,94 m) | Australia Louise McPaul | Noruega Trine Hattestad |
Sidney 2000 | Noruega Trine Hattestad (68,91 m) | Grecia Mirela Maniani | Cuba Osleidys Menéndez |
Atenas 2004 | Cuba Osleidys Menéndez (71,53 m) | Alemaña Steffi Nerius | Grecia Mirela Maniani |
Beijin 2008 | República Checa Barbora Špotáková (71,42 m) | Rusia Mariya Abakumova | Alemaña Christina Obergföll |
Londres 2012 | República Checa Barbora Špotáková (69,55 m) | Alemaña Christina Obergföll | Alemaña Linda Stahl |
Río de Janeiro 2016 | Croacia Sara Kolak (66,18 m) | Suráfrica Sunette Viljoen | República Checa B. Špotáková |
Edición | Ouro | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
Helsinqui 1983 | Alemaña Oriental Detlef Michel | Estados Unidos Tom Petranoff | Unión Soviética Dainis Kūla |
Roma 1987 | Finlandia Seppo Räty | Unión Soviética Viktor Yevsyukov | Checoslovaquia Jan Železný |
Toquio 1991 | Finlandia Kimmo Kinnunen | Finlandia Seppo Räty | Unión Soviética Vladimir Sasimovich |
Stuttgart 1993 | República Checa Jan Železný | Finlandia Kimmo Kinnunen | Reino Unido Mick Hill |
Gotemburgo 1995 | República Checa Jan Železný | Reino Unido Steve Backley | Alemaña Boris Henry |
Atenas 1997 | Suráfrica Marius Corbett | Reino Unido Steve Backley | Grecia Konstadinos Gatsioudis |
Sevilla 1999 | Finlandia Aki Parviainen | Grecia Konstadinos Gatsioudis | República Checa Jan Železný |
Edmonton 2001 | República Checa Jan Železný | Finlandia Aki Parviainen | Grecia Konstadinos Gatsioudis |
París 2003 | Rusia Sergey Makarov | Estonia Andrus Värnik | Alemaña Boris Henry |
Helsinqui 2005 | Estonia Andrus Värnik | Noruega Andreas Thorkildsen | Rusia Sergey Makarov |
Osaka 2007 | Finlandia Tero Pitkämäki | Noruega Andreas Thorkildsen | Estados Unidos Breaux Greer |
Berlín 2009 | Noruega Andreas Thorkildsen | Cuba Guillermo Martínez López | Xapón Yukifumi Murakami |
Daegu 2011 | Alemaña Matthias de Zordo | Noruega Andreas Thorkildsen | Cuba Guillermo Martínez López |
Moscova 2013 | República Checa Vítězslav Veselý | Finlandia Tero Pitkämäki | Rusia Dmitriy Tarabin |
Beijin 2015 | Kenya Julius Yego | Exipto Ihab El-Sayed | Finlandia Tero Pitkämäki |
Londres 2017 | Alemaña Johannes Vetter | República Checa Jakub Vadlejch | República Checa Petr Frydrych |
Edición | Ouro | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
Helsinqui 1983 | Finlandia Tiina Lillak | Reino Unido Fatima Whitbread | Grecia Anna Verouli |
Roma 1987 | Reino Unido Fatima Whitbread | Alemaña Oriental Petra Felke | Alemaña Oriental Beate Peters |
Toquio 1991 | China Xu Demei | Alemaña Petra Felke | Alemaña Silke Renk |
Stuttgart 1993 | Noruega Trine Hattestad | Alemaña Karen Forkel | Belarús Natalya Shikolenko |
Gotemburgo 1995 | Belarús Natalya Shikolenko | Romanía Felicia Ţilea | Finlandia Mikaela Ingberg |
Atenas 1997 | Noruega Trine Hattestad | Australia Joanna Stone | Alemaña Tanja Damaske |
Sevilla 1999 | Grecia Miréla Manjani | Rusia Tatyana Shikolenko | Noruega Trine Hattestad |
Edmonton 2001 | Cuba Osleidys Menéndez | Grecia Miréla Manjani | Cuba Sonia Bisset |
París 2003 | Grecia Miréla Manjani | Rusia Tatyana Shikolenko | Alemaña Steffi Nerius |
Helsinqui 2005 | Cuba Osleidys Menéndez | Alemaña Christina Obergföll | Alemaña Steffi Nerius |
Osaka 2007 | República Checa B. Špotáková | Alemaña Christina Obergföll | Alemaña Steffi Nerius |
Berlín 2009 | Alemaña Steffi Nerius | República Checa Barbora Špotáková | Rusia Maria Abakumova |
Daegu 2011 | Rusia Maria Abakumova | República Checa Barbora Špotáková | Suráfrica Sunette Viljoen |
Moscova 2013 | Alemaña Christina Obergföll | Australia Kimberley Mickle | Rusia Maria Abakumova |
Beijin 2015 | Alemaña Katharina Molitor | China Lü Huihui | Suráfrica Sunette Viljoen |
Londres 2017 | República Checa B. Špotáková | China Li Lingwei | China Lü Huihui |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lanzamento de xavelina |