LISA Pathfinder / LPF | |
---|---|
LISA Pathfinder | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Fabricante | EADS Astrium |
Organización | ESA |
Destino actual | En órbita. |
Data de lanzamento | 3 de decembro de 2015, 4:04 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Vega[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[2][6] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico para comunicacións.[2][6] |
NSSDC ID | 2015-070A |
Masa | 480 kg[2][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7214 km[1] |
Inclinación | 6º[1] |
Apoapse | 1465,1 km[1] |
Periapse | 221,6 km[1] |
LISA Pathfinder ou LPF foi un satélite artificial da ESA lanzado o 3 de decembro de 2015 mediante un foguete Vega desde o Centro Espacial de Kourou.[2][5][6]
LISA Pathfinder foi un satélite da Axencia Espacial Europea lanzado para probar novas tecnoloxías a ser usadas no observatorio de ondas gravitatorias LISA. O experimento principal de LISA Pathfinder consistía en medir con precisión extrema os cambios na distancia entre dúas masas en voo libre usando novos sensores e o mesmo tipo de interferometría por láser que usará LISA. Usaba tamén propulsores capaces de proporcionar impulsos de só microNewtons de forza para mover a nave con enorme precisión.[2][5][6]
A misión de LISA Pathfinder finalizou o 30 de xuño de 2017 despois de cumprir os seus obxectivos. O 18 de xullo dese ano foi apagado definitivamente.[5][6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: LISA Pathfinder |