LARES / Laser Relativity Satellite | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | Axencia Espacial Italiana |
Destino actual | En órbita terrestre |
Data de lanzamento | 13 de febreiro de 2012, 10:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Vega[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[2][6] |
Obxectivo da misión | Medicións xeodésicos e de relatividade.[2][6] |
NSSDC ID | 2012-006A |
Masa | 400 kg[2][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7822 km[1] |
Inclinación | 69,5º[1] |
Apoapse | 1460,2 km[1] |
Periapse | 1442,0 km[1] |
LARES (acrónimo de Laser Relativity Satellite) é un satélite artificial da Axencia Espacial Italiana lanzado o 13 de febreiro de 2012 mediante un foguete Vega desde o Centro Espacial de Kourou.[2][5][6]
LARES é un satélite pasivo de forma esférica e 400 kg de masa cun diámetro de 376 mm e feito de tungsteno. A súa superficie está cuberta de 92 espellos retrorreflectores para poder facer medicións moi precisas enviando feixes láser desde terra cara ao satélite e facer estudos do campo gravitatorio terrestre e da teoría da relatividade, en concreto o efecto Lense-Thirring.[2][5][6]